Joan Coma i Roura, nado en Vic en 1981, é un sociólogo catalán, concelleiro no concello de Vic. Licenciado en socioloxía en 2010 pola Universidade Autónoma de Barcelona e mestrado en relacións internacionais e formación do profesorado, traballou durante dez anos como carpinteiro. Traxectoria
En 2016 a Audiencia Nacional de España investigouno tras unha denuncia de Josep Anglada, daquela presidente do partido de extrema dereita Plataforma per Catalunya, pola súa intervención no pleno municipal do 9 de decembro de 2015. Nesta intervención, Coma apelou á desobediencia ante os tribunais españois no marco do debate dunha moción de apoio á declaración de ruptura do Parlamento. O 27 de decembro de 2016, foi arrestado polos Mossos d'Esquadra, acusado dun posible delito de sedición, e foi trasladado a Madrid para declarar perante Ismael Moreno Chamarro, o xuíz que levou o caso. No xuízo, o 28 de decembro, o fiscal estivo especialmente interesado nas frases "Desobediencia, levamos tempo reclamándoa" e "Dixemos que para facer a tortilla primeiro hai que romper os ovos" e a posible incitación á violencia que implican. Logo dunha hora de declaración, Joan Coma saíu en liberdade con cargos e sen pasaporte.
Notas
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Vic Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Barcelona Categoría:Políticos da CUP