Led Zeppelin II, tamén coñecido co nome de The Brown Bomber, é o segundo disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin lanzado ó mercado o 22 de outubro de 1969. Neste segundo disco a grupo perfecciona máis as ideas xa amosadas no seu primeiro disco creando un disco con aínda máis acollida e é o que os consagra no mundo musical.

Circunstancias Gravado durante as súas frenéticas xiras europea e americana, entre os meses de xaneiro e agosto, en diferentes estudios de Gran Bretaña e Estados Unidos. Considerase un exemplo de Hard Rock, onde fan unha evolución do blues creando riffs, como os de "Whole Lotta Love" ou "The Lemon Song", e coros vocais que converteranse en referentes deste xénero, inspirando posteriormente a outros grupos como Deep Purple. Algúns ven neste disco incluso a orixe do Heavy Metal. Estas composiciós están perfectamente mesturadas con outras cun estilo máis blues ou folk.

A portada do disco é unha foto da División Jasta da forza aérea alemá durante a primeira guerra mundial na que as caras dos seus integrantes foron cambiadas polas dos integrantes do grupo e detrás aparece a silueta branca dun zeppelin sobre un fondo marrón, de aí o nome de The Brown Bomber

O disco tivo mellor acollida no mercado discográfico que o seu primeiro disco, chegando ó número 1 das listas de Inglaterra e dos Estados Unidos, quitando o primeiro posto neste país o disco dos Beatles, Abbey Road.

Lista de cancións "Whole Lotta Love" (Bonham/Dixon/Jones/Page/Plant) 5:34 "What Is and What Should Never Be" (Page/Plant) 4:44 "The Lemon Song" (Bonham/Jones/Page/Plant) 6:19 "Thank You" (Page/Plant) 4:47 "Heartbreaker" (Bonham/Jones/Page/Plant) 4:14 "Living Loving Maid (She's Just a Woman)" (Page/Plant) 2:39 "Ramble On" (Page/Plant) 4:23 "Moby Dick" (Bonham/Jones/Page) 4:21 "Bring It On Home" (Dixon/Page/Plant) 4:20

Créditos Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, e pedal steel, vocalista secundario Robert Plant - Vocalista principal, harmónica John Paul Jones - Baixo, órgano, vocalista secundario John Bonham - Percusión, vocalista secundario Peter Grant - Produtor executivo Eddie Kramer - Enxeñeiro de son, mesturas George Chkiantz - Enxeñeiro de son (Cancións 1 e 2) Chris Huston - Enxeñeiro de son (Cancións 3 e 8) Andy Johns - Enxeñeiro de son (Canción 4)

Categoría:Álbums de Led Zeppelin Categoría:Álbums musicais de 1969 Categoría:Álbums de Atlantic Records