Andrea Tomé, nada en Ferrol en 1994, é unha escritora galega.

Traxectoria Aos dezanove anos (2013) gañou o premio Plataforma Neo de novela en español para xente moza escrita por xente moza, e como consecuencia publicou a súa primeira novela, Corazón de mariposa (2014). Esta obra estaba centrada na anorexia.

Graduada en filoloxía inglesa, estudou un mestrado en edición no Reino Unido. Ten colaborado con webs de creatividade e narrativa de xente moza en inglés. Mantén un proxecto literario feminista chamado Readinpink.

Vida persoal Vive en Londres onde traballa nunha oficina.

Obras

Corazón de mariposa (2014) Entre dos universos (2015) Desayuno en Júpiter (2017) El valle oscuro (2017) La luna en la puerta (2019), premio El Templo de las Mil Puertas La chica de hielo (2020) Kiss & Cry (2021). Lo que permanece (2022).

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Galegos do Reino Unido Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1994 Categoría:Novelistas de Galicia