A corneodesmosina é unha proteína que nos humanos está codificada no xene CDSN.
Este xene codifica unha proteína que se atopa nos corneodesmosomas, que se localizan na epiderme humana e noutros epitelios cornificados escamosos. Durante a matuduración das capas cornificadas, a proteína sofre unha serie de clivaxes, que se pensa que son necesarios para que se produza a descamación da pel. O xene está localizado na rexión do cromosoma 6 correspondente ao complexo maior de histocompatibilidade (MHC) de clase I.
--> Notas
Véxase tamén Outros artigos Hipertricose simple do coiro cabeludo
Bibliografía
Categoría:Plaquinas