miniatura|A erupción volcánica ao amencer do 20 de setembro de 2021. A erupción volcánica de La Palma de 2021 iniciouse ás 14:12 (UTC) do 19 de setembro de 2021 na zona de Las Manchas, na illa de La Palma en Canarias (España). Trátase da última erupción da illa logo da erupción de Teneguía de 1971 e a última producida no arquipélago canario dende a erupción submarina de El Hierro de 2011.

Xeoloxía da illa miniatura|A illa de La Palma, na parte sur da mesma estase a producir a erupción volcánica. Como o resto de illas do arquipélago canario, a illa de La Palma é de orixe volcánica. A illa comezou a formarse baixo o mar hai catro millóns de anos e foi medrando co pulo das erupcións volcánicas. Na actualidade La Palma nace a 3 000 metros baixo o mar e elévase ata o 2 426 m sobre o nivel do mar en Roque de los Muchachos.

Segundo o Instituto Xeolóxico de España, cando a illa emerxeu "eleváronse enormes megavolcáns", e as primeiras emisións subaéreas corresponderían a un gran volcán denominado Garafía, que na actualidade permanece oculto a causa das fases volcánicas posteriores. As emisións do Garafía foron maioritariamente basálticas e contribuíron a que a illa gañara terreo, cunhas lavas cuantificadas polo Instituto Xeolóxigo de España de 400 metros de espesor e un diámetro de 23 km.

A illa ten dous dominios volcánicos diferenciados: o norte de forma redondeada, coñecida como o dominio de Taburiente, e o dominio Dorsal, que se expande dende Taburiente ata o extremo sur da illa. É precisamente a parte sur da illa na que o magma provoca a súa expansión, e na que xurdiron todos os volcáns durante os últimos séculos.

Nome Dende os primeiros días da erupción existiu un debate en torno a como denominar o novo volcán, xurdindo numerosos nomes como Fátima, Cumbre Nueva, Jedey, Tacande etc. Se ben os volcáns son clasificados polas súas características ou tipo de erupcións, os nomes de cada volcán adoita ser local e non hai un mecanismo científico de nomenclatura.

O nome co que inicialmente a poboación, o mundo do xornalismo e o da ciencia se referiron ao volcán de La Palma está relacionado co lugar no que xurdiu, en Cumbre Vieja, atravesado polo camiño de Cabeza de Vaca, polo que o profesor da Universidade de Las Palmas Francisco José Pérez Torrado "... pola zona na que saíu podería ser Cabeza de Vaca". Tamén chegouse propoñer que fora a propia poboación insular a que puxera nome ao novo volcán.

O xeólogo e paleontólogo tinerfeño Francisco García-Talavera expuxo en Twitter a opción de nomear o novo volcán cun nome guanche, aludindo tamén á práctica de nomear os volcáns en relación co lugar no que saíron, sinalando que:

Pola súa banda, o doutor en arqueoloxía e xefe da Unidade de Patrimonio Histórico do Cabildo de La Palma, Jorge Pais, manifestou o seu desacordo co nome proposto por García-Talavera ao coincidir cun barrio situado entre El Paso e Los Llanos de Aridane, situado máis ao sur da erupción, e que podería levar a confusión. Pais sinalou igualmente un nome guanche para o novo volcán, Tacande. Para Pais este sería o topónimo máis axeitado ao tratarse dunha "voz indíxena que, ademais, fai referencia á zona onde se produciu o nacemento". Engade que as fontes etnohistóricas:

Con todo, Pais tamén daría por válidos outros nomes relacionados coa toponimia da zona, como Cabeza de Vaca ou Los Pelados.

O martes 13 de outubro, o Instituto Volcanolóxico de Canarias (Involcán) propuxo o nome Tajogaite para o volcán. O motivo da escolla segundo a institución sería o legado aborixe, xa que esa tería sido a denominación coa que as primeiras persoas que poboaron a illa, os beneahoritas, designaban á montaña.

Antecedentes Erupcións rexistradas en La Palma

La Palma é a illa do arquipélago canario que máis actividade volcánica tivo dende o século XV. Ata a erupción de 2021, a illa de La Palma ten rexistrado sete erupcións volcánicas segundo o Instituto Xeolóxico Nacional (IXN).

A primeira delas foi datada de xeito impreciso entre 1430 e 1440, e tivo lugar no volcán Tacande ou Montaña Quemada sen casar danos. Algo máis dún século despois, o 19 de maio de 1585 entrou en erupción o Tehuya logo dunha intensa actividade sísmica. A actividade no Tehuya prolongouse ata o 10 de agosto do mesmo ano e provocou a destrución de cultivos.

Xa no século XVII produucíronse varias erupcións. Na primeira delas o volcán Martín afectou aos campos de Tigalete e Fuencaliente entre os días 2 de outubro e 21 de decembro de 1646. Posteriormente a erupción do volcán San Antonio entre os días 12 de novembro de 1667 e 21 de xaneiro de 1678 provocou a morte de catro persoas, así como danos en vivendas, cultivos e gando. No século XVIII, entre o 9 de outubro e o 3 de decembro de 1712, tivo lugar a erupción do volcán El Charco.

O 24 de xuño de 1949 producíase unha nova erupción volcánica na illa de La Palma logo de 237 anos de calma despois da erupción de El Charco. A actividade volcánica prolongouse ata o 4 de agosto, un total de 42 días nos que a lava e os sismos destruíron campos de cultivo vivendas, o que motivou a migración cara a Venezuela de moitas persoas que perderan todo na catástrofe. A chegada da lava ao mar creou unha plataforma costeira de 6 por 3,5 quilómetros que posteriormente pasou a ser empregada para o cultivo.

A última erupción volcánica rexistrada na illa de La Palma producírase en 1971, coa erupción do Teneguía o 26 de outubro de 1971, e que se prolongou ata o 18 de novembro dese mesmo ano. Nesa ocasión, debido á situación do Teneguía no sur da illa, á beira do mar, a lava vertese case na súa totalidade ao mar, provocando o crecemento da illa nos dous millóns de metros cadrados.

Actividade sísmica recente Dende a erupción do Teneguía o subsolo da illa mantivérase sen actividade ata 2017, momento no que se iniciou a actividade sísmica con repeticións constantes pequenos sismos na zona de Cumbre Vieja, que culminou coa erupción en 2021. O ano seguinte rexistráronse na illa case 1 000 terremotos a algo máis de 25 quilómetros de profundidade que deron paso a un período de escasa sismicidade.

Xa no ano 2021, o 25 de xuño rexistráronse un total de 80 terremotos de pequena magnitude a unha profundidade de entre 18 e 34 quilómetros entre as 7:19 e as 18:09 (UTC), e localizados fundamentalmente pa zona sur de La Palma. O maior destes sismos foi de magnitude 2,2 na escala mbLg.

miniatura|Sismos previos á erupción rexistrados na área. O 9 de setembro de 2021 comezaron a rexistrarse unha serie de sismos de baixa intensidade, denominados enxame sísmico, en Fuencaliente e Mazo, ambos na parte sur da illa de La Palma. Os tremores, de magnitudes que oscilaron entre 0,8 e 2 na escala mbLg, rexistráronse a unha profundidade de entre 5 e 13 quilómetros. Entre ese día e o domingo 12 de setembro a Rede de Vixilancia do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) na illa rexistrou 31 sismos.

O luns 13 acadáronse os 1 500 movementos sísmicos na zona de Cumbre Vieja, nos municipios de Fuencaliente, Mazo e El Paso, o que levou a activar o mércores 15 a alerta da cor amarela (nivel de alerta 2 nunha escala de 4) no Plano Especial de Protección Civil e Atención a Emerxencias por Risco Volcánico (Pevolca), por parte do Goberno das Canarias.

O día 16 o número de pequenos sismos elevárase xa ata máis de 4 200, que viñeron acompañados dunha deformación do terreo, o que indicou que baixo o solo había magma inquedo, mais sen dar sinais claros dunha erupción inminente.

Erupción

Primeira semana 19 de setembro miniatura|Persoas contemplando a erupción na distancia. O día 19 de setembro rexistráronse 327 terremotos, salientando un de 3,8 mbLg que tivo lugar ás 11:16 (hora local), amplamente sentido na illa e cunha profundidade de 2 km. Pouco despois produciuse un de 4,2 na escala de Richter. Dende o inicio da actividade sísmica constatouse que a deformación da illa debida á presión que o magma exerce sobre a codia terrestre fixera elevarse a zona da posible erupción en torno a 15 centímetros.

Malia a esta situación decidiuse non aumentar as medidas de precaución e só se decidiu por parte do Cabildo de La Palma comezar a evacuación de canto menos 40 persoas con mobilidade reducida e parte do gando presente na zona.

miniatura|O volcán nos segundo día de erupción.

Ese mesmo día, 19 de setembro, ás 15:12 (hora local) entrou en erupción o volcán en Montaña Rajada, no municipio de El Paso. A erupción estivo precedida por un pequeno terremoto e unha grande explosión que deu paso a unha gran columna de fume e a expulsión de piroclastos. Inicialmente a erupción tiña dúas fisuras separadas 200 metros e dúas bocas polas que saía lava, que posteriormente se converteron en sete, e logo en oito. Ás 17:00 (hora local) o nivel de emerxencia subiu ao nivel vermello, afectando aos municipios de Tazacorte, El Paso, Fuencaliente, Mazo e Los Llanos de Aridane, que reúnen unha poboación dunhas 35 000 persoas.

20 de setembro O día 20 de setembro a velocidade da lava no seu curso cara ao mar chegou a 700 metros por hora, polo que se pensou inicialmente que a lingua de lava podería chegar ao mar ese mesmo día. Nas primeiras 24 horas o volcán emitira máis de 20 000 toneladas de dióxido de xofre, se ben a ausencia de vento fixo posible manter a actividade aeroportuaria da illa. Esa mesma tarde xurdiu unha nova boca que se abriu en dirección norte, obrigando a evacuar á poboación da zona de Tacande, unha poboación de 704 habitantes pertencente ao municipio de El Paso. Con todo, o movemento do fluxo de lava ralentizouse e a lava non chegou finalmente ao mar nese día. Durante o día a lava chegou á principal área pesqueira da illa, Tazacorte, no seu curso cara ao mar que discorre precisamente entre Tazacorte e a zona de La Bombilla.

21 de setembro O 21 de setembro Involcan deu a coñecer a composición dunha primeira mostra de lava, que contería fenocristais de plaxioclasa e piroxeno. Ese mesmo día o oeste da illa pasou a ser considerado "zona catastrófica". En torno ás 14:00 horas a colada principal de lava chegou á localidade de Todoque, a máis poboada da zona afectada con 1 200 habitantes, a unha velocidade duns 120 metros por hora. Neses momentos a lava avanzaba por dúas linguas, unha das cales, a situada ao suroeste, en Las Manchas, tiña «un movemento mínimo», apenas uns dous metros por hora, mentres que a segunda, alimentada pola nova boca foi a que alcanzou Todoque. A lava desta segunda boca é máis fluída e móvese por riba da colada do cono principal, polo que avanza con maior facilidade. Nesa data a deformación acumulada nas proximidades á zona de erupción era de 25 centímetros

centro|miniatura|907x907px|Sobreposición da área cuberta polo río de lava nos días 20, 21, 22 e 23. Captado polos satélites do programa Copernicus.

22 de setembro Ás 8:14 do mércores 22 a área afectada pola erupción aumentara nun 50% respecto da medición das 19:50 do día anterior, e na mañá dese mesmo día deixara 153 hectárea de terreo baixo as pedras, o lume e as cinzas, de acordo cos cálculos do Instituto Volcanolóxico de Canarias. O avance da lava cara ao mar calculouse nesa mañá en 200 metros por hora, mentres que a deformación do solo na área da erupción ascendera ata os 28 centímetros. Daquela os expertos calculaban que a situación poderíase prolongar uns 55 días, e as medicións de dióxido de xofre revelaban que cada día o volcán emitían á atmosfera entre 6 140 e 11 500 toneladas deste gas á atmosfera. Ao longo do día, o director técnico do Pevolca, Miguel Ángel Morcuende, falou de período de "mini estabilidade" e aínda que o volcán estaba a ser "bastante explosivo", as coladas de lava ralentizáranse e avanzaban con moita lentitude, a uns catro metros por hora. Ao mesmo tempo confirmou que existían nove bocas, tendo catro activas nunha soa fisura.

24 de setembro