The Nature of Middle-earth é un libro publicado no ano 2021 que recolle material inédito do legendarium de J. R. R. Tolkien, recompilado e editado polo estudoso Carl F. Hostetter. Algúns ensaios publicáronse previamente na revista de lingüística elfica Vinyar Tengwar, onde Hostetter é editor dende hai moito tempo.

Libro Publicación O libro foi publicado por HarperCollins e Mariner Books en 2021. Contén unha escolma de ensaios e anacos de historias de J. R. R. Tolkien, editados por Carl F. Hostetter, sobre cuestións relacionadas co funcionamento do seu mundo de fantasía, a Terra Media.

O editor do libro, Carl F. Hostetter, declarou nunha entrevista antes da aparición do libro que "empezara o traballo do que se convertería en The Nature of Middle-earth hai case 25 anos, cando recibín un feixe de fotocopias ás que Christopher Tolkien se refería como "ensaios filolóxicos tardíos"."

Notas

Categoría:Obras literarias de 2021 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras de J. R. R. Tolkien Categoría:Libros sobre a Terra Media