miniatura|Beowulf loita o dragón coa súa espada Nægling. Ilustración de 1908 por Joseph Ratcliffe Skelton. As armas con nome da Terra Media son as espadas e outras poderosas armas creadas por J. R. R. Tolkien como parte do seu legendarium e unha parte importante na súa mitoloxía. O nomeamento das armas deriva da época medieval, estando presente na mitoloxía nórdica e no poema en inglés antigo Beowulf. Entre as moitas armas nomeadas por Tolkien están Orcrist e Glamdring na obra O hobbit, e Narsil / Andúril na obra The Lord of the Rings.
Existen múltiples paralelismos entre o uso que fai Tolkien dos nomes das armas nos seus escritos da Terra Media e a épica medieval. Estes inclúen a súa transmisión como herdanzas, ás veces reais; o seu redescubrimento en antigos tesouros; o seu adorno con inscrición rúnicas; e a súa vinculación coa vida dos seus propietarios.
Na Terra Media Armas de poder
Tolkien nomeou moitas armas nos seus escritos da Terra Media, principalmente espadas, mais tamén nomeou a Aeglos, a lanza do rei elfo Gil-galad, Belthronding, o arco de Beleg, Dramborleg, a machada de Tuor e Grond, o nome do malvado ariete de Minas Morgul, e da maza do primeiro Señor Escuro, Morgoth. Dezaoito destas armas foron listadas por Anthony Burdge e Jessica Burke en J. R. R. Tolkien Encyclopedia. Como nas épicas medievais, a espada en particular simbolizaba o heroísmo e a posición do seu dono. O estudoso da obra de Tolkien Verlyn Flieger sinalou que a espada "proclama a aparición do heroe"; ademais que "os destinos da espada e do home están unidos e a destrución dun sinala o final do outro".
Tales temas pódense ver claramente coa espada Andúril de Aragorn, pero ocorren de xeito similar noutros relatos de Tolkien polas moitas armas nomeadas. As espadas Glamdring e Orcrist mencionadas no Hobbit encaixan en dúas das características do patrón medieval, xa que ambas son antigas, forxadas na Primeira Idade, e foron recuperadas dun tesouro, sendo gardadas polos tres troles na súa cova. Forxar de novo a arma ou redescubrila transmite efectivamente o vello poder á nova arma e ao seu novo dono, e renovan ese poder.
Glamdring e Orcrist, e o coitelo de Bilbo usado como espada, que el chamou Aguillón, relocen cando hai orcos preto; as antigas espadas aterrorizan aos orcos e son recoñecidas por eles; de feito, os orcos teñen os seus propios alcumes para as dúas famosas espadas, Biter e Beater. Estas armas teñen numerosas conexións coas famosas espadas da mitoloxía medieval, incluíndo, segundo os eruditos de Tolkien K. S. Whetter e R. Andrew McDonald, o estilo e o contido dos seus nomes, que recordan os nomes de espadas na mitoloxía nórdica como Fotbitr e Dragvandil ("Mordedora de pernas" e "Cortadora"). De feito, no Hobbit, cando a compañía de Bilbo chega a Valfendido, Elrond le as inscricións rúnicas das espadas e describe a historia heroica e a estirpe das armas recuperadas:
Notas Fontes primarias Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.
Fontes secundarias
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Obxectos da Terra Media