Koleka Putuma, nada en Gqeberha o 22 de marzo de 1993, é unha poeta e dramaturga queer surafricana. Foi nomeada en 2019 por Okay Africa como unha das mulleres máis influentes de dito continente.
Traxectoria Putuma naceu en Gqeberha (Cabo Oriental, Suráfrica) en 1993. Cursou estudos de teatro na Universidade de Cidade do Cabo. En 2016 recibiu o premio literario PEN na categoría de estudante polo poema "Water" (en ). Este poema utilízase acotío nas escolas, pois reflicte que o acceso á auga ten connotacións políticas, históricas e raciais.
Os temas máis habituais na obra de Putuma son o amor, o feito queer, a loita decolonial e o legado do apartheid, así como a influencia do patriarcado sobre estas ideas e identidades. Traballa como produtora de teatro para Design Indaba e actualmente reside en Cidade do Cabo.
Collective Amnesia Putuma deuse a coñecer a nivel global coa súa obra poética Collective Amnesia (en ), publicada polo selo poético surafricano uHlanga en 2017. Foi complementada con fotografías de Andy Mkosi, fotógrafo tamén aveciñado en Cidade do Cabo. Nos tres primeiros meses da súa publicación vendéronse 2000 exemplares, foi presentado en 17 cidades do país e formou parte do plan de estudos de dúas universidades. Oito meses despois xa vendera máis de 5000 exemplares e Putuma fixera actuacións relacionadas en tres continentes.
Collective Amnesia caracterízase polo uso repetido e á mantenta da palabra womxn para incluír mulleres racializadas e trans.
Acollida Bongani Madondo, da Johannesburg Review of Books, cualificou a Putuma como "xenia" na súa recensión de Collective Amnesia. Collective Amnesia converteuse rapidamente nun texto fundamental para entender a Suráfrica poscolonial, particularmente por centrarse nos corpos das mulleres negras e nas identidades queer. Haith afirma que se trata tanto dunha obra literaria coma dun 'obxecto cultural' da Suráfrica contemporánea. Burger, na súa crítica, cualifica o uso da auga que fai Putuma como un recurso literario, dentro do contexto doutras voces líricas surafricanas, como Ronelda S Kamfer. O poema "Water" constituíuse nun texto esencial nas análises literarias sobre o chamado hidrocolonialismo. Pieterse salienta o tratamento literario de Putuma do colectivo das mulleres de raza negra, xunto co poeta Sindiswa Busuku-Mathese.
Malia ser a poesía o xénero que deu a coñecer a Putuma, o seu traballo como dramaturga sobre aspectos da política actual tamén tivo boa acollida pola crítica. A obra No Easter Sunday for Queers deu a coñecer a brutal discriminación ás mulleres lesbianas en Suráfrica. Mbuzeni, sobre a crise orfa, é narrada por cinco mulleres novas, quen ao mesmo tempo bromean sobre a morte. Boehmer inclúe a Putuma dentro dun canon máis amplo de poesía postcolonial e escritura de relatos curtos, os cales poden provocar ao lelos unha "chamada á acción".
Obras Teatro SCOOP: kitchen play for carers and babes (2013) Ekhaya UHM (2014) Woza Sarafina (2016) Mbuzeni’ (2018) No Easter Sunday for Queers (2019) baseada nun poema seu.
Poesía Imbebwu Yesini (2016, editor) Collective Amnesia (2017)
Premios National Poetry Slam Championship (2014) PEN South Africa Student Writing Prize (2016) Mbokodo Rising Light Award (2017) SCrIBE Scriptwriting Competition (2018) Forbes Africa 30 under 30 Honouree(2018) Glenna Luschei Prize for African Poetry (2018) Distell National Playwright Competition (2019)
Notas
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Porto Elizabeth Categoría:Poetas de Suráfrica Categoría:Alumnos da Universidade de Cidade do Cabo