Jenny Dolfen, nada en Bremerhaven en 1975, é unha ilustradora e mestra alemá.
Traxectoria Nada en Bremerhaven, no ano 2001 gradouse en inglés e latín pola Universidade de Colonia. Dolfen vive preto de Aquisgrán co seu marido e os seus dous fillos.
Dolfen fixo ilustracións artísticas para varios xogos de rol, incluíndo Quest Cards de Fuller Flippers, Realms of Wonder de Action Studios, The World of Erien de Final Sword Productions e Das Schwarze Auge.Official site. Consultado o 12 de febreiro de 2021.
É coñecida pola súa arte baseada nas obras de J. R. R. Tolkien (principalmente O Silmarillion) e George R. R. Martin (A Song of Ice and Fire).
Dolfen gañou o premio inaugural da Tolkien Society na categoría de "mellor obra de arte" no ano 2014, pola súa acuarela de "Eärendil o mariñeiro".Awards: Best Artwork, Tolkien Society. Consultado o 12 de febreiro de 2021.
A obra The Art of George R.R. Martin's A Song of Ice and Fire (2005) inclúe pezas da súa arte.http://www.georgerrmartin.com Consultado o 12 de febreiro de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Ilustradores de J. R. R. Tolkien Categoría:Ilustradores de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Colonia