O acoso escolar ou bullying é un tipo de acoso psicolóxico que realiza un neno sobre outro neno no ámbito escolar.
O día 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar.
Segundo os datos da Consellería de Educación no curso 2024-25 houbo no ensino galego un total de 91 casos de acoso, confirmados logo da aplicación do protocolo de loita contra o acoso escolar, unha cifra que duplica os do curso anterior.
Características O acoso escolar caracterízase por ser un comportamento agresivo e negativo, reiterado e ter lugar nunha relación desigual entre as partes implicadas.
Hai dous tipos de acoso escolar, o directo que é a forma máis común entre os rapaces e o indirecto que é máis común entre as rapazas e en xeral na preadolescencia e caracterízase por levar o individuo cara a un illamento social que se consegue por técnicas variadas como difundir rumores, rexeitar o contacto social coa vítima, ameazar a outros nenos que se leven ben coa vítima, criticar a forma de vestir, a relixión, a lingua, a orientación sexual, a discapacidade, etc.
Notas
Categoría:Acoso Categoría:Problemas do ensino