Freaky Friday é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Gary Nelson, cun guión de Mary Rodgers baseado na súa novela homónima publicada en 1972. Está protagonizado por Barbara Harris e Jodie Foster. John Astin, Patsy Kelly, Dick Van Patten, Sorrell Booke e Charlene Tilton conforman o resto do elenco. No filme, unha nai e unha filla intercambian os seus corpos e experimentan o que é vivir a vida da outra. O motivo do intercambio non é explicado no filme, mais ocorre un venres 13, cando Ellen e Annabel, en diferentes lugares, din ao mesmo tempo a frase "I wish I could switch places with her for just one day".

Personaxes Jodie Foster como Annabel Andrews Barbara Harris como Ellen Andrews John Astin como Mr. Bill Andrews Patsy Kelly como Mrs. Schmauss Dick Van Patten como Harold Jennings Vicki Schreck como Virginia Sorrell Booke como Mr. Dilk Kaye Ballard como adestradora Betsy Sparky Marcus como Ben Andrews Marc McClure como Boris Harris Charlene Tilton como Bambi

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1976 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gary Nelson Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures