Atomic Kitten foi un grupo de rapazas británicas de Liverpool que cantan Pop e Dance. As compoñentes son Liz McClarnon, Jenny Frost e Tash Hamilton.

Historia Formación do grupo Elizabeth Margaret McClarnon (10 de abril de 1981 - Liverpool), Jennifer Frost de (22 de febreiro 1978 - Liverpool) e Natasha Maria Hamilton (17 de xullo 1982 - Liverpool) son as compoñentes deste grupo de pop británico.

Esta é a segunda formación coñecida do grupo, xa que no ano 2000, Kerry Katona abandonou o grupo por quedar embarazada (de Brian McFadden, cantante de Westlife) e foi substituída por Jenny Frost.

Despois de case unha década de éxitos, o grupo decidiu tomarse un descanso no ano 2004 para dedicarse ós seus proxectos en solitario, e no caso de Tash, á súa familia.

Discografía Right Now Feels So Good Ladies Night The Greatest Hits The Collection

Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Liverpool