As linguas cuxitas son unha póla da familia de linguas afroasiáticas. Son faladas principalmente no Corno de África, mais tamén existen minorías que falan linguas cuxitas máis ao norte, en Exipto e o Sudán, e máis ao sur en Kenya e Tanzania. No ano 2012, as linguas cuxitas con máis dun millón de falantes eran o oromo, o somalí, o bexa, o afar, o hadiyya, o kambaata, o saho e o sidamo.
Status oficial No 2021, as linguas cuxitas con maior número total de falantes son o oromo (37 millóns), o somalí (22 millóns), o bexa (3,2 millóns), o sidamo (3 millóns), e o afar (2 millóns).
O oromo é unha das linguas oficiais de Etiopía e é tamén a lingua habitual de varios dos estados do sistema federal etíope, incluíndo os estados rexionais de Oromia, Harari e Dire Dawa, así a Zona de Oromia dentro da Rexión de Amhara.
O somalí é a primeira das dúas linguas oficias de Somalia e a terceira das linguas oficiais da autodeclarada república de Somalilandia. Tamén é lingua de ensino en Djibuti, e lingua habitual da Rexión de Somali en Etiopía.
O bexa, o afar, o blin e o saho son as linguas cuxitas faladas en Eritrea, sendo linguas de ensino no currículo da escola elemental de Eritrea. A constitución de Eritrea tamén recoñece a igualdade de todas as linguas nativas faladas. Ademais, o afar é lingua no ensino en Djibuti, e lingua habitual na Rexión de Afar, en Etiopía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ethnologue on the Cushitic branch
Bender, Marvin Lionel. 1975. Omotic: a new Afroasiatic language family. Southern Illinois University Museum series, number 3. Bender, M. Lionel. 1986. A possible Cushomotic isomorph. Afrikanistische Arbeitspapiere 6:149–155.
Fleming, Harold C. 1974. Omotic as an Afroasiatic family. In: Proceedings of the 5th annual conference on African linguistics (ed. by William Leben), p 81-94. African Studies Center & Department of Linguistics, UCLA.
Kießling, Roland & Maarten Mous. 2003. The Lexical Reconstruction of West-Rift Southern Cushitic. Cushitic Language Studies Volume 21
Lamberti, Marcello. 1991. Cushitic and its classification. Anthropos 86(4/6):552-561.
Newman, Paul. 1980. The Classification of Chadic within Afroasiatic. Universitaire Pers.
Zaborski, Andrzej. 1986. Can Omotic be reclassified as West Cushitic? In Gideon Goldenberg, ed., Ethiopian Studies: Proceedings of the 6th International Conference, pp. 525–530. Rotterdam: Balkema. Reconstructing Proto-Afroasiatic (Proto-Afrasian): Vowels, Tone, Consonants, and Vocabulary (1995) Christopher Ehret
Categoría:Linguas afroasiáticas