Get Even é unha serie de televisión británica que se estreou en BBC iPlayer o 14 de febreiro de 2020. A serie foi adaptada por Holly Phillipsa partir do libro Don't Get Mad escrito por Gretchen McNeil, e céntrase nun grupo de colexialas que forman un grupo para expor aos abusóns na súa escola. En agosto de 2020, a serie foi adquirida por Netflix e distribuída internacionalmente.

Sinopse Kitty Wei, Bree Deringer, Margot Rivers e Olivia Hayes forman DGM (Don't Get Mad) para expoñer aos abusóns do seu colexio. Porén, cando un dos seus obxectivos é asasinado por un atacante descoñecido cunha nota que di "DGM" na man, as mozas decátanse de que alguén está a tentar incriminalas polo seu asasinato.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Series de televisión do Reino Unido