Mirrors é un filme estadounidense de 2008 dirixido por Alexandre Aja e protagonizado por Kiefer Sutherland, Paula Patton e Amy Smart. O título inicial do filme era Into the Mirror, mais o nome foi cambiado posteriormente a Mirrors. A rodaxe comezou o 1 de maio de 2007 e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 15 de agosto de 2008.
O filme foi escrito orixinalmente como un remake do filme surcoreano de terror de 2003 Into the Mirror. Porén, unha vez que Aja entrou no proxecto e leu o guión non estivo satisfeito coa historia orixinal. Decidiu conservar a idea básica do filme orixinal arredor dos espellos, incorporar algunhas das súas escenas, mais elaborou unha nova historia e guión para a súa versión. Unha secuela, titulada Mirrors 2, foi estreada en 2010.
Personaxes Kiefer Sutherland como Ben Carson Paula Patton como Amy Carson Amy Smart como Angela "Angie" Carson Cameron Boyce como Michael "Mikey" Carson Erica Gluck como Daisy Carson Mary Beth Peil como Anna Esseker John Shrapnel como Lorenzo Sapelli Jason Flemyng como Det. Larry Byrne Tim Ahern como Dr. Morris Julian Glover como Robert Esseker Josh Cole como Gary Lewis Ezra Buzzington como Terrence Berry Aida Doina como Rosá
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes dirixidos por Alexandre Aja Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Bucarest Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de 20th Century Fox