miniatura|Bandeira da República Árabe Saharauí Democrática. miniatura|A activista saharauí, Tecber Ahmed Saleh, explicando as orixes do nacionalismo saharauí, 2019.
O nacionalismo saharauí (en ) é unha ideoloxía política que busca a autodeterminación do pobo saharauí, a poboación orixinaria do Sáhara Occidental. Historicamente foi representado pola Fronte Polisario. Xurdiu como unha reacción ás políticas colonialistas españolas impostas dende 1958, e posteriormente en reacción ás invasións de Mauritania e Marrocos a partir de 1975.
O nacionalismo saharauí defende a identidade do pobo saharauí e busca un referendo de autodeterminación e para acadar a independencia total do Sáhara Occidental.
As súas principais ideoloxías opostas foron colonialismo español (Sáhara Español, 1884-1975), o irredentismo mauritano (Tiris al-Gharbiyya, 1975-1979), o irredentismo marroquí (Provincias do Sur, 1975-presente) e o panarabismo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nacionalismo bérber