O Campo Nacional Radical-Falanga (en polaco, Obóz Narodowo Radykalny-Falanga/ONR-Falanga) foi un movemento fascista, ultranacionalista e católico. En 1931 converteuse nun partido político e existiu até 1939. Era un movemento minoritario, xurdido da división do Campo Nacional Radical (en polonés, Obóz Narodowo Radykalny, ONR) en 1934. Opúxose ao Terceiro Reich durante a invasión alemá de Polonia de 1939.

Formación e ideoloxía O ONR-Falanga xurdiu na primavera de 1935, tras a ruptura dos membros do Campo Nacional Radical detidos no campo de detención de Bereza Kartuska. Adoptou o nome de Obóz Narodowo-Radykalny (Campo Radical Nacional), mais axiña sería máis coñecido como a Falanga. Ese nome sería tamén o do seu xornal. O seu grupo rival obtería o seu nome da mesma forma, coñecido como Campo Nacional Radical-ABC).C.P. Blamires, World Fascism: A Historical Encyclopedia, ABC-Clio, 2006, p. 523

A Falanga, liderada por Bolesław Piasecki, promovía un totalitarismo católico inspirado na Falange Española. Porén, críase máis abocado a un fundamentalismo católico có grupo español. De feito, a súa afirmación de que "Deus é a máis alta forma do home" lembraba o fanatismo relixioso do fascista romanés Corneliu Zelea Codreanu.Stanley G. Payne, A History of Fascism 1914-1945, Londres: Routledge, 2001, p. 262Payne, A History of Fascism, pp. 321-2 O grupo é considerado un movemento fascista.C.P. Blamires, World Fascism: A Historical Encyclopedia, ABC-Clio, 2006, p. 523P. Davies & D. Lynch, The Routledge Companion to Fascism and the Far Right, Londres: Routledge, 2002. p. 324Norman Davies, God's Playground: A History of Poland Volume 2: 1795 to the Present, Columbia University Press, 1982, p. 262Moi críticos co sistema capitalista, apoiaban a retirada dos dereitos civís dos xudeus de Polonia. Presentábanse a si mesmos como a vangarda opositora ao caudillo polonés Józef Piłsudski.

Desenvolvemento Cunha extensa base de formación e orixe na universidade, a Falanga perseguiu o antisemitismo activo, mais tiña poucos integrantes. Desde as súas bases escolares tentou ataques contra alumnado e xente de negocios xudeus. J.W. Borejsza, "East European Perceptions of Italian Fascism, S. U. Larsen, B. Hagtvet & J. P. Myklebust, Who Were the Fascists: Social Roots of European Fascism, Scandinavian University Press, Oslo, 1980, p. 358 Así mesmo, perseguiron e hostigaron activistas de esquerdas dentro das súas actividades violentas.C.P. Blamires, World Fascism: A Historical Encyclopedia, ABC-Clio, 2006, p. 523

O grupo e os seus membros logo foron obxecto do escrutaxe do goberno polaco. De feito, ao contrario do que sucedía en movementos similares en Europa que celebraban regularmente manifestacións públicas, a ONR-Falanga celebrou só dúas reunións deste tipo, en 1934 e 1937, rapidamente disoltas pola policía.Norman Davies, God's Playground: A History of Poland Volume 2: 1795 to the Present, Columbia University Press, 1982, p. 262

O movemento estivo brevemente aliado co Campo de Unidade Nacional (en polonés, Obóz Zjednoczenia Narodowego, OZN). O coronel Adam Koc, impresionado pola organización da ONR-Falanga, puxo a Piasecki á fronte das mocidades do OZN. Koc encargoulle a creación dun estado unipartidista e apoiou o movemento xuvenil para lograr o obxectivo, malia que o pronunciamento perturbaría a moitos integrantes moderados a prol do goberno. Como consecuencia de dita formulación, Koc sería cesado como líder do OZN en 1938. Substituíuno o xeneral Stanisław Skwarczyński, quen rapidamente rompeu os vínculos coa ONG-Falanga.Payne, A History of Fascism, p. 322

Desaparición Como movemento nacionalista polaco, o ONR-Falanga opúxose á ocupación de Polonia tras a invasión de 1939. Por tanto foi rapidamente subsumido polo Konfederacja Narodu, un grupo da resistencia polaca próximo á ultradereita.C.P. Blamires, World Fascism: A Historical Encyclopedia, ABC-Clio, 2006, p. 523

Con todo, tras o estabelecemento en Polonia dun goberno afín á URSS en 1945, permitíuselle a Piasecki liderar o movemento PAX (en polonés, Stowarzyszenie PAX). A organización, supostamente ultracatólica, en realidade era unha das correntes fachada da NKVD. Promovía un novo réxime comunista nunha Polonia católica mentres os afastaba do Vaticano.Davies, God's Playground, p. 579

Notas

Véxase tamén Outros artigos Falange Española Garda de Ferro

Categoría:Nacionalismo polaco Categoría:Partidos nacionalistas