dereita|miniatura|Bandeira de Paquistán. dereita|miniatura|Monumento nacional de Paquistán en Islamabad.

O nacionalismo paquistaní (en ) refírese á expresión política, cultural, lingüística, histórica e relixiosa que profesan os habitantes de Paquistán cara a súa nación, baseado nun sentido de orgullo pola súa historia, herdanza e identidade cultural e polas súas visións de futuro.

A diferenza do nacionalismo secular da maioría dos outros países, o nacionalismo paquistaní é de natureza relixiosa, baseado no nacionalismo islámico. A relixión foi a base da narrativa nacionalista paquistaní.

Dende o punto de vista político e nos anos previos á independencia de Paquistán, as bases políticas e ideolóxicas particulares das accións da Liga Musulmá pódense denominar ideoloxía nacionalista paquistaní. É unha combinación singular de elementos filosóficos, nacionalistas, culturais e relixiosos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía