Filippo di ser Brunellesco Lapi,Capretti (2003), p. 10 (usado por Vasari entre outros). máis coñecido como Filippo Brunelleschi, e tamén alcumado Pippo por Leon Battista Alberti, nado en Florencia no 1377Argan (1990), p. 21Bruschi (2006), p. 9 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1446, foi un grande arquitecto, enxeñeiro, escultor, matemático, ourive e escenógrafo florentino do Renacemento italiano.

Está considerado entre os primeiros arquitectos e deseñadores da Idade Moderna,Bodart (2008) e foi un dos tres grandes iniciadores do Renacemento florentino con Donatello e Masaccio. En particular, Brunelleschi, que era o maior, foi o punto de referencia dos outros dous e foi o responsable da invención ou redescubrimento da perspectiva de punto de fuga único, ou "perspectiva céntrica lineal".De Vecchi e Cerchiari (1999), p. 36

Malia comezar a traballar como ourive e despois como escultor, acabou dedicándose principalmente á arquitectura e construíndo, case exclusivamente, en Florencia, edificios tanto laicos como relixiosos que se converteron en modelos para outros artistas. Entre estes, destaca a cúpula de Santa María del Fiore, obra mestra da enxeñaría construída sen a axuda de técnicas tradicionais, como o arco, coñecida pola súa estrutura autoportante.

Con Brunelleschi naceu a figura do arquitecto moderno que, ademais de implicarse nos procesos técnico-operativos, como os mestres de obras medievais, tamén tiña un papel substancial e consciente na fase de deseño: xa non practicaba unha mera "mecánica" senón que pasou a ser un intelectual que practicaba unha "arte liberal", baseada nas matemáticas, a xeometría e o coñecemento histórico. A súa arquitectura caracterizouse pola creación de obras monumentais de claridade rítmica, construídas a partir dunha medida básica (módulo) correspondente a números enteiros, expresados ​​en brazos florentinos, dos que se derivan múltiplos e submúltiplos para obter as proporcións dun edificio enteiro. Reviviu as ordes arquitectónicas clásicas e o uso do arco de medio punto, indispensable para a racionalización xeométrica-matemática dos planos e alzadas. Un trazo distintivo da súa obra foi tamén a pureza das formas, obtida cun uso esencial e rigoroso dos elementos decorativos. Típico neste sentido foi o uso da pietra serena gris para as estruturas arquitectónicas, que destacaba contra o lixeiro xeso dos muros.Zucconi (1995), p. 55

Traxectoria

Primeiros anos e formación Filippo Brunelleschi era fillo do notario Ser Brunellesco de Filippo Lapi e Giuliana Spini. Máis ou menos da mesma idade que Lorenzo Ghiberti (nado en 1378) e Jacopo della Quercia (ao redor de 1371-1374), medrou nunha familia acomodada que, porén, non estaba relacionada cos nobres florentinos Brunelleschi, que hoxe en día teñen, aínda, dedicada unha rúa no centro de Florencia. Seu pai era un profesional leal e estimado, que a miúdo tiña embaixadas, como a de 1364, cando foi enviado a Viena para coñecer o emperador Carlos IV. A casa familiar estaba situada cara ao final da vía Larga (actual vía Cavour) na Via degli Agli, hoxe desaparecida, onde vivía e traballaba, preto da igrexa de San Michele Bertelde en Florencia (hoxe San Gaetano).Capretti (2003), p. 10

Filippo recibiu unha boa educación, aprendendo a ler e escribir. A través do estudo do ábaco aprendeu as nocións de matemáticas e xeometría práctica que formaban parte do coñecemento de todo bo comerciante, incluídas as nocións de perspectiva, que daquela indicaban a práctica do cálculo de medidas e distancias inaccesibles con topografía. Co paso do tempo, a súa cultura tivo que verse enriquecida polo cuadrivio, así como polas lecturas persoais (textos sagrados e Dante en primeiro lugar) e o coñecemento directo de personaxes ilustres, como Niccolò Niccoli, humanista e bibliófilo, e o político Gregorio Dati. Naqueles anos tamén nace o seu interese pola pintura e o debuxo, que se converteron na súa principal inclinación. O pai aceptou a elección do seu fillo, sen insistir en que seguise os seus pasos nos estudos xurídicos e. con quince anos. meteuno no taller dun ourive amigo da familia, quizais Benincasa Lotti, de quen Filippo aprendeu a fundir e aliar metais, a traballar co cicel, co repuxado, co nielado, para facer engastes de pedras preciosas, esmaltes e relevos ornamentais, pero sobre todo practicaba a fondo o debuxo, base de todas as disciplinas artísticas.Capretti (2003), pp. 10-11

O seu primeiro biógrafo, o alumno Antonio di Tuccio Manetti, relatou como durante a súa aprendizaxe saíron das súas mans reloxos mecánicos e tamén citou unha das primeiras mencións documentadas dun espertador.Capretti (2003), p. 11

Primeiros traballos

Altar de San Xabobe (1399-1401) A finais de século a súa aprendizaxe podería considerarse concluída. En 1398, Filippo matricúlase e presta xuramento como ourive e no 1404, inscríbese no Gremio da Seda o gremio de comerciantes máis rico e prestixioso da cidade, que tamén incluía xoieiros e artesáns do metal.Fanelli (1980), p. 3Walker (2003), p. 4

Entre 1400 e 1401, foi a Pistoia seguindo o taller de Lunardo di Mazzeo e Piero di Giovanni da Pistoia para traballar na finalización do altar de San Xacobe, un prezado altar-relicario de prata que aínda se conserva na catedral de San Zenón, en Pistoia. No contrato de cesión, de 1399, apareceu citado como "Pippo da Firenze", encomendándoselle algunhas obras en particular. Á súa man atribúense as estatuíñas de Santo Agostiño e do Evanxelista sentado (quizais San Xoán) e dous bustos dentro de cuadrilóbulos dos profetas Xeremías e Isaías (este último non está claramente identificado): son as súas primeiras obras coñecidas. Nestes primeiros traballos podemos ver xa unha depurada execución, cunha estrutura corporal ben modelada e firme, que se comunica co espazo circundante mediante xestos e xiros elocuentes.Capretti (2003), p. 14

Da mesma época son o crucifixo de madeira de Santa María Novella que, segundo Vasari, tiña a orixe nunha aposta ou nunha disputa.

Portas do Baptisterio de Florencia (1401-1402) miniatura|Sacrificio de Isaac, de Brunelleschi; exemplo para a porta do Baptisterio de Florencia. En 1401, os Cónsules do Gremio de Calimala anunciaron o concurso para a construción da segunda porta de bronce do Baptisterio de Florencia. Pedíuselles aos participantes que construísen unha tella coa temática do sacrificio de Isaac, dispoñendo en todo o conxunto as figuras de Abraham no acto de sacrificar ao seu fillo nun altar, o anxo que interviña para o deter, o carneiro que terá que ser sacrificado en lugar de Isaac e, finalmente, o grupo co burro e os dous criados. Brunelleschi dividiu a escena en dous: o burro no fondo, cos criados ao seu carón, que tenden a desbordarse fóra do marco. A escena da esquerda é unha referencia ao Neno da espiña, da escola helenística de Atenas: este grupo constitúe a base para a construción piramidal da parte superior do panel. Aquí, na parte superior, represéntase o choque das tres vontades dos protagonistas da escena, que culmina no nó das mans de Abraham, cuxo corpo atrasado está subliñado polo aleteo da súa capa mentres agarra o pescozo de Isaac, deformado polo terror e dobrado en sentido contrario ao corpo paterno, mentres o anxo detén a Abraham agarrándolle o brazo.Capretti (2003), p. 15

No concurso, segundo o seu primeiro biógrafo Antonio Manetti, gañou ex aequo con Lourenzo Ghiberti mais se negou ao repartimento do premio, consciente de que os seus estilos eran diferentes polo que a obra foi asignada só a Ghiberti, quen completou a porta do baptisterio.Capretti (2003), p. 20Argan (1990), pp. 21-22 Como consecuencia, Brunelleschi abandonou a escultura e dedicouse por completo á arquitecturaPaoletti & Radke (2012), 203-205 pero seguiu recibindo encargos de escultura, polo menos, ata 1416.Gardner (1991), p. 592

Viaxe a Roma (1402-1404) Decepcionado polo resultado da competición, aproveitando o momento de relativa tranquilidade política que durou desde a morte de Gian Galeazzo Visconti (1402) ata a de Bonifacio IX (1404) coa entrada do rei Ladislao de Nápoles na cidade, en 1402 Brunelleschi marchou a Roma para estudar "os restos antigos", con Donatello, que daquela tiña só vinte anos, e con quen estableceu unha intensa amizade.

A estancia romana foi fundamental para os acontecementos artísticos de ambos. Aquí puideron observar os abundantes restos antigos, copialos e estudalos en busca de inspiración. Vasari conta como os dous deambularon pola cidade despoboada en busca de "anacos de capiteis, columnas, marcos e bases de edificios", comezando a escavar cando os vían saír do chan. A parella era denominada, en broma, "os do tesouro", xa que se pensaba que estaban a escavar para buscar tesouros soterrados e, de feito, nalgunhas ocasións atopaban materiais preciosos, como algún cameo ou pedras duras labradas ou mesmo unha xerra chea de medallas.

En 1404, Donatello xa regresara a Florencia para colaborar con Ghiberti na creación dos modelos de cera para a porta do baptisterio, mentres Filippo aínda permaneceu en Roma, pagando o seu aloxamento con algún traballo ocasional como ourive. Mentres tanto, o seu interese pasou da escultura á arquitectura, dedicándose, de novo segundo Manetti, ao estudo dos edificios romanos, tratando de comprender os seus segredos e detalles estruturais. Brunelleschi concentrouse sobre todo nas proporcións dos edificios e na recuperación de técnicas construtivas antigas. Nos anos seguintes, regresou a Florencia, onde está documentada a súa presenza, pero non permanente pois, probablemente, regresou a Roma en varias ocasións.Capretti (2003), pp. 22-23Argan (1990), p. 22

Retorno a Florencia (1404-1409) Desde 1404, foi consultado en Florencia para importantes asuntos artísticos, en primeiro lugar a obra de Santa Maria del Fiore, para o que proporcionou asesoramento técnico e modelos, como o relativo a un contraforte (1404).Capretti (2003), p. 23 Os anos da primeira década do século XV son descritos polos biógrafos con diversas anécdotas, como a do sarcófago romano visto na catedral de Cortona por Donatello, que Brunelleschi acudiu inmediatamente a copiar, ou a da Novella del Grasso legnaiuolo (unha narración ou conto no que Brunelleschi tómalle o pelo a un ebanista alcumado Il Grasso (o Gordo), quen por vergoña decidiu emigrar a Hungría seguindo a Pippo Spano), e que os biógrafos dataron polo 1409.

Crucifixo de Santa María Novella (ao redor de 1410)

Até 1440, a principal actividade de Brunelleschi foi a de escultor e, mesmo, despois da construción dos grandes edificios polos que se tivo maior sona seguiu a recibir encargos escultóricos, aínda que de xeito ocasional. Nas fontes e documentos aparecen diversas obras escultóricas durante a súa mocidade, entre elas unha María Madalena para a basílica do Santo Espírito que, seguramente, desapareceu durante un lume no 1471.Capretti (2003), p. 24

Porén, desa época, consérvase o Crucifixo de Santa María Novella, que data de arredor de 1410-1415. A maior parte dos datos sobre el, son recollidos da obra de Vasari que, á súa vez os recolleu de fontes orais da época e, relata con gran detalle unha curiosa anécdota sobre a reacción de Brunelleschi ao ver o crucifixo de Santa Croce de Donatello, que lle pareceu demasiado "campesiño" o que o levou a esculpir o seu.Argan (1990), p. 37 En realidade, os estudos máis recentes tenden a negar o episodio, situando as dúas obras a unha distancia de entre dous e dez anos, aínda que é moi probable que os dous amigos tivesen a oportunidade de discutir o tema.