Lionor de Blois ou de Champaña, nada en 1104 e finada en 1141, foi unha nobre francesa.
Traxectoria Filla de Estevo II de Blois, conde de Blois, Chartres e Meaux, e de Adela de Inglaterra. Casou con Raúl I o Bravo, conde de Vermandois e conde de Valois. Algunhas xenealoxías Como genealogy.eu, de Miroslav Marek atribúenlle un fillo, Hugo II, que ao parecer se fixo monxe co nome de Félix de Valois, pero esta afirmación parece unha broma do século XVI. O seu matrimonio con Raúl de Vermandois foi disolto a petición de Aliénor de Aquitania, cuxa irmá Petronila de Aquitania estaba namorada de Raúl.
Notas
Categoría:Condes de Vermandois categoría:nados en 1104 categoría:finados en 1141