John Shirley FoxO 3 de xuño de 1912, John Shirley Fox decidiu fixar o seu segundo nome ao apelido, o que xerou unha confusión nas fontes posteriores á hora de referirse a el, acrecentada polo feito de que os seus artigos aparecen asinados de diferentes xeitos. Véxanse as seguintes referencias ao respecto:
Fox, H. B. E.; Shirley-Fox, J. S. (1911). "Numismatic history of the reigns of Edward I, II and III. [3ª parte]". En British Numismatic Journal. 8-10. Páxina 137. Nota 1.
"Fox, John Shirley (English painter, ca. 1860-1939)". Union List of Artist Names. Online Full Record Display., nado en Londres ca. 1860-1867,Segundo as fontes, a data de nacemento alterna entre 1860 (askART.com, British Museum...) e 1867 (ArtUK.org...). e finado na mesma cidade o 3 de xuño de 1939, foi un pintor retratista e paisaxista, e numismático inglés especializado na moeda medieval de Inglaterra.
John Shirley Fox era irmán do xornalista e tamén numismático Harry Bertram Earle Fox.
Traxectoria
Pintura Logo de pasar a súa infancia en Londres, recibiu educación artística en París no taller de Bouguereau, na Académie Julian. Aínda na súa xuventude expuxo no Salón da Sociedade dos Artistas parisiense, entre 1887 e 1889. Inicialmente dedicouse á pintura de retratos, mais logo abriuse tamén á pintura de paisaxes, sobre todo escoceses, cun estilo influído pola École de Barbizon."John Shirley-Fox". askART.com
En 1890 regresou a Londres e levou a cabo varias exposicións na Sociedade de Artistas Británicos e na New Gallery entre 1895 e 1904. En 1914 incorporouse á galería privada da raíña un retrato seu da muller australiana Evelyn Gayre, e a súa obra pasou a formar parte de varias coleccións públicas.
Numismática Paralelamente á súa actividade artística, Fox foi un coleccionista e investigador numismático. Foi membro da British Numismatic Society e da Royal Numismatic Society (1913), de Londres, e contribuíu con diversos artigos nas súas publicacións periódicas, The British Numismatic Journal (BNJ) e Numismatic Chronicle (NC), respectivamente.Carson, R. A. G.; Pagan, H. (1986). A History of the Royal Numismatic Society (1836-1986). Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 0 901405 24 8. Páxina 107. Ambas as sociedades recoñeceron a súa figura coa concesión das súas medallas máis presixiosas."Proceedings of the Royal Numismatic Society". En Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. XIX (1939). Páxinas 21-22.Blunt, C. E. (1941). Páxina 365.
A súa contribución máis importante á numismática foi a súa serie de artigos no BNJ sobre as emisións monetarias de Eduardo I (1272-1307), Eduardo II (1307-1327) e Eduardo III (1327-1377) de Inglaterra. Esta serie, escrita xunto co seu irmán, H. B. Earle Fox, estableceu un novo padrón para os estudos de numismática medieval inglesa. Publicou tamén un libro de iniciación á numismática destinado a principiantes titulado The pleasures of English coin collecting (1934).
Como complemento á súa actividade erudita, Fox foi conformando cos anos unha colección de moeda medieval inglesa confeccionada con carácter didáctico. Nos seus derradeiros anos cedeulle esta colección ao numismático Christopher Evelyn Blunt (1904-1987)."John Shirley-Fox". The British Museum.
Vida persoal John Shirley Fox casou coa tamén pintora Ada Holland (ca. 1880-1914), con quen residiu en Marlborough, e tamén tiña un estudio en Londres.
John Shirley Fox faleceu o 3 de xuño de 1939.
Recoñecementos
(1920): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres (ex aequo con H. B. E. Fox)."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1929): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society, de Londres."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables da carreira numismática de John Shirley Fox, así como dos seus artigos, publicados todos eles en Numismatic Chronicle e en The British Numismatic Journal:"Shirley-Fox, John Shirley". WorldCat Identities.
Monografías
(1909). An Art Student's Reminiscences of Paris in the Eighties (con J. Cameron). Mills & Boon, Londres. (1923). Angling adventures of an artist. Murray, Londres. (1931). The receipt book of a lady of the reign of Queen Anne (con E. Wainwright). Azania Press, Medstead. (1934). The pleasures of English coin collecting. Azania Press, Medstead.
Artigos
(1908). "The cross as a mint-mark". En British Numismatic Journal. Vol. 5. Páxinas 135-144. (1909). "Die-making in the twelfth century". En British Numismatic Journal. Vol. 6. Páxinas 191-196. (1909). "Numismatic history of the reigns of Edward I, II and III" (con H. B. E Fox). En British Numismatic Journal. Vol. 6. Páxinas 197-212. (1910). Parte II. Vol. 7. Páxinas 91-142. (1911). Parte III. Vol. 8. Páxinas 137-148. (1912). Parte IV. Vol 9. Páxinas 181-206. (1913). Parte V. Vol. 10. Páxinas 95-123.
(1917). "The pennies of Edward I, II and III"(con H. B. E Fox). En The Numismatic Chronicle. 4ª serie. Vol. 17. Páxinas 279-297. (1928). "The pennies and halfpennies of 1344-51". En The Numismatic Chronicle. 5ª serie. Vol. 8. Páxinas 16-46.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Banezit (2006). Benezit Dictionary of Artists. Vol. 12. Rouco - Sommer. Gründ, París. ISBN 2 7000 3082 6 Blunt, C. E. (1941). "Obituary Mr. J. S. Shirley-Fox, R.B.A". En British Numismatic Journal. 23 (1938-1941) Páxinas 365-366. Frank, K (2021). "Fox, John Shirley". En Allgemeines Künstlerlexikon. Internationale Künstlerdatenbank (online).
Ligazóns externas
Pinturas de John Shirley-Fox (Artnet.com)
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Nados en Londres Categoría:Pintores do Reino Unido Categoría:Alumnos da Académie Julian Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes