O voo 940 de Mexicana de Aviación era un servizo regular internacional entre a Cidade de México e os Ánxeles, con escalas en Puerto Vallarta e Mazatlán. O día 31 de marzo de 1986 o Boeing 727-200 que operaba o voo esnafrouse en El Carbón, unha montaña na Serra Madre Occidental ao noroeste da Cidade de México, matando a todos os ocupantes do avión. Con 167 mortes, o accidente do voo 940 trátase do peor accidente de aviación ocorrido en México, e tamén o peor accidente dun Boeing 727.
Accidente Ás 09:05, 50 minutos despois da engalaxe, un estoupido sacudiu a fuselaxe. O capitán Guadarrama e a tripulación na cabina de mando, decatándose de que o avión sacudíase demasiado, declararon unha emerxencia e solicitaron regresar ao aeroporto Benito Juárez para aterrar de emerxencia. O aeroporto estaba preparado para a aterraxe, pero o avión esnafrouse na montaña El Carbón preto da cidade de Maravatío, Michoacán, partiu en dous e comezou a arder. Os 167 ocupantes morreron no impacto.
Notas
Categoría:Accidentes e incidentes aéreos en 1986 Categoría:Accidentes e incidentes de Mexicana de Aviación Categoría:Accidentes aéreos en México Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 727