Donde caben dos é un filme español de comedia estreado en 2021. Está dirixido por Paco Caballero e protagonizado por un elenco que trata sobre as relacións de parella, as súas oscilacións e as dificultades de separar o amor do sexo.

Sinopse Unha parella atrapada na rutina, un mozo desenganado da súa última relación amorosa, unha noiva desesperada, dous curmáns separados dende o seu último verán na vila, un grupo de amigos con ganas de experimentar... Durante unha noite, todos eles vivirán situacións que xamais imaxinaron enfrontar, para acabar, á mañá seguinte, da mellor maneira posíbel.

Elenco Ernesto Alterio como Alberto Raúl Arévalo como Jaime Luis Callejo como Paco Anna Castillo como Clara Pilar Castro como Claudia Álvaro Cervantes como Raúl Ángela Cervantes como Victoria Adrià Collado como Sergio Carlos Cuevas como Iván Verónica Echegui como Ana Miki Esparbé como Pablo Ricardo Gómez como Víctor María León como Alba Melina Matthews como Belén Ana Milán como a anfitrioa María Morales como Marta Melani Olivares como Silvia Raúl Prieto como Ricardo Jorge Suquet como Miguel Aixa Villagrán como Liana

Estrea O filme comezou a súa rodaxe en Barcelona en novembro de 2020. En maio de 2021 anunciouse a data de estrea para o 30 de xullo dese ano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá