miniatura|300x300px|Practicantes de marcha nórdica en Ilkley, West Yorkshire. miniatura A marcha nórdica é un deporte do ámbito do “Fitness” que gañou popularidade en Europa a inicios do século XXI e que consiste en camiñar por calquera tipo de terreo coa axuda de dous bastóns similares aos que se empregan no esquí. Orixinalmente practicábase nos países nórdicos, especialmente en Finlandia, como unha forma de manter os esquiadores adestrando durante a estación quente. Comprobouse que esta modalidade presenta vantaxes sobre a andaina tradicional. O uso de bastóns libera parte do esforzo dos membros inferiores que portan os membros superiores, exercendo así unha maior porcentaxe da musculatura ao camiñar, especialmente o tronco e os membros superiores. O gasto calórico global é preto dun 40% superior ao de camiñar, sendo apto para persoas con problemas nas articulacións dos xeonllos e cadeiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial Nordic Walking Online

Categoría:Cultura de Finlandia Categoría:Deporte en Finlandia