«Easy On Me» é unha canción composta e interpretada pola cantautora británica Adele para o seu cuarto álbum de estudo, 30 (2021). O tema foi lanzado ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 a través de Columbia Records como o sinxelo principal de dito disco. O tema marca o seu retorno á industria musical despois de máis de cinco anos de inactividade. Adele escribiu a canción xunto a Greg Kurstin, quen tamén a produciu. Unha balada de produción minimalista, «Easy On Me» expresa temas de nostalxia, arrepentimento e perdón. A letra da canción representa a súplica de Adele ao seu fillo, pedíndolle que sexa paciente con ela e os seus problemas posteriores ao divorcio.

Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos da música, eloxiando a súa letra conmovedora e a súa voz sentimental, aínda que algúns opinaron que a canción non coincidía coa altura dos seus sinxelos anteriores. O vídeo musical estreouse o mesmo día de lanzamento do sinxelo e foi dirixido polo cineasta canadense Xavier Dolan. Comercialmente, a canción obtivo marcas de maior cantidade de reproducións dunha canción nun día nas plataformas de música vía streaming de Spotify e Amazon Music.

Antecedentes e promoción A partir do 1° de outubro de 2021, apareceron varios carteis e cercas publicitarias do número «30» en importantes monumentos e edificios en diferentes cidades do mundo. Por mor disto, especulouse que todo estaba vinculado en gran medida ao título do próximo álbum de estudo de Adele. O 4 de outubro, o sitio web da cantante e as súas contas oficiais en redes sociais actualizáronse por primeira vez en meses. Ao día seguinte, a cantante publicou un adianto da canción e o seu vídeo musical a través dun clip instrumental que difundiu nas súas redes sociais. Durante unha entrevista coa revista Vogue, Adele contou que traballou con Greg Kurstin na canción, quen estivo a cargo da produción.

Vídeo musical O vídeo musical de «Easy on Me» filmouse do 15 ao 16 de setembro de 2021 en Quebec e foi dirixido polo cineasta Xavier Dolan quen previamente xa traballara con Adele no vídeo musical da súa canción «Hello». A rodaxe tivo lugar no Chemin Jordan e o Domaine Dumont Chapelle Ste-Agnès na cidade de Sutton, situada no suroeste de Quebec.

Comentarios da crítica Tras o seu lanzamento, «Easy On Me» recibiu comentarios positivos por parte dos críticos musicais. Neil McCormick de The Daily Telegraph cualificou a canción como un «sinxelo de regreso audaz», contrastando «Easy On Me» que ten un arranxo simple de piano coa produción dunha balada poderosa como «Hello». Outorgoulle á canción unha cualificación de cinco estrelas de cinco, escribindo "Adele posúe a voz que atravesa no máis profundo na alma do mundo e canta con todo o seu corazón nesta canción." O escritor de Evening Standard, Jochan Embley, eloxiou «Easy On Me» polo seu piano melancólico, a súa elegante voz e as súas melodías «harmoniosas». Embley agrega que a canción é un testemuño da resistencia de Adele ás tendencias da música pop, manténdose fiel ao seu estilo. Por outra banda, Nick Levine de NME dixo: «Adele nunca soou mellor» como en «Easy On Me», facendo un regreso cunha «peza de balada clásica de Adele».

Resultados comerciais «Easy On Me» saíu ao mercado musical o 15 de outubro de 2021 mediante o selo discográfico de Columbia Records. Tras o seu lanzamento, a canción rompeu a marca da canción máis reproducida nun só día en Spotify con máis de 24 millóns de reproducións globais, así como tamén a marca da canción máis reproducida nunha soa semana con 84.3 millóns de reproducións. Así mesmo, rompeu dúas marcas máis en Amazon Music, o primeiro coa maior cantidade de reproducións no seu primeiro día a nivel mundial e o segundo coa maior cantidade de solicitudes de reprodución a Alexa durante o primeiro día para calquera canción en toda a historia de dita plataforma.

Posicionamento en listas PaísLista certificadoraMellor posiciónAlemañaGfK Entertainment Charts1ArxentinaArxentina Hot 100 (Billboard)51Top 20 monitorLATINO AR6AustraliaARIA1AustriaÖ3 Austria Top 401BélxicaUltratop 50 Singles (Flandes)1CanadáCanadian Hot 100 (Billboard)1EspañaPROMUSICAE12Estados UnidosBillboard Hot 1001Adult Contemporary (Billboard)1FranciaSNEP2IndiaIMI9IrlandaIRMA1ItaliaFIMI1LituaniaAGATA1NoruegaVG-lista1Nova ZelandiaRecorded Music NZ1Países BaixosNederlandse Top 401Reino UnidoUK Singles Chart1

Historial de lanzamento +Datas de lanzamento e formatos de «Easy On Me»RexiónDataFormato(s)DiscográficaMundialmente15 de outubro de 2021ColumbiaEstados Unidos18 de outubro de 2021Adult contemporary radio

Notas

Categoría:Cancións en lingua inglesa