Begoña García-Zapirain Soto nada en Donostia o 14 de outubro de 1970, é unha recoñecida enxeñeira de Telecomunicacións española licenciada pola Universidade do País Vasco / Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV/EHU) e doutora en Informática e Intelixencia Artificial pola de Deusto; especializada na innovación e desenvolvemento de novas tecnoloxías aplicadas á mellora da saúde, utilizando as novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida das persoas mediante a mellora dos tratamentos e do seguimento, en enfermidades e problemas asociados á discapacidade.
Traxectoria Begoña García-Zaiparin Soto é Enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade do País Vasco, na que se licenciou en 1994, e doutorouse en Informática e Intelixencia Artificial por Deusto en 2004.
Entre 2002 e 2008 dirixiu o Departamento de Telecomunicacións da Universidade de Deusto e desde 2011 é profesora titular da devandita universidade.
En 2001 creou o grupo de investigación e-Life, que recibiu o premio ONCE Euskadi Solidario 2007 e está recoñecido na Rede Europea de Living Labs (ENoLL) e na rede de espazos sociais para a innovación.
Premios e honras
En 2019 recibiu o V Premio Extraordinario de Inclusión Social Benito Menni pola súa contribución á mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade, Valladolid. En 2016, en Segovia, dentro dos actos dos VI Encuentros de Mujeres que transforman o mundo, organizados polo Concello desa cidade, o 'Premio Mujer y tecnología-Fundación Orange'. Premio de investigación UD-Grupo Santander 2007.
Notas
Categoría:Enxeñeiros de España Categoría:Nados en Donostia Categoría:Profesores da Universidade de Deusto Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Nados en 1970 Categoría:Enxeñeiros de telecomunicación