Lendakaris Muertos é unha banda de punk de Pamplona (Navarra). Caracterízanse por un punk ortodoxo, gran velocidade, temas moi curtos e coros continuos. As súas letras combinan ironía, humor e crítica para tratar temas sociais e políticos de Euskadi, Navarra e do resto de España. O nome da banda está inspirado no grupo estadounidense de hardcore punk Dead Kennedys. O tema "Too drunk to fuck" foi versionado pola banda na canción "Demasiado ciego para follar", do disco homónimo, Lendakaris Muertos.

Traxectoria O grupo nace a principios de 2004, formado polos irmáns Aitor e Asier na voz e a guitarra respectivamente, Txema no baixo e Iñakí na batería.

En xuño de 2004 gravan a primeira maqueta con Iker Piedrafita, de Dikers, e publícana para ser descargada de balde na súa web. As actuacións en gaztetxes (centros sociais, literalmente, «casas da mocidade») e o boca a boca logran máis de 20.000 descargas de cancións como Gora España, Gafas de pasta, El problema Vasco ou Veteranos de la Kale Borroka. Ao final do verán de 2004 Iñaki deixa a banda e incorpórase á batería Potxeta.

Asinan coa discográfica GOR Diskoak e editan en febreiro de 2005 unha versión renovada da demo á que engaden 11 temas novos. A maqueta é retirada parcialmente da web por motivos legais, o cal xerou algunhas críticas por parte de seguidores, que preferían a opción copyleft dos inicios. dereita|miniatura|375x375px|Aitor Ibarretxe durante un concerto en 2009 En maio de 2006 editan o segundo disco tamén con GOR Diskoak, titulado Se habla español. Con 16 cortes e unha duración de media hora, o traballo continúa a mesma traxectoria que iniciaran dous anos antes.

En febreiro de 2008 saíu á venda o terceiro traballo, Vine, vi y me vendí, con 20 cancións. Na primavera do mesmo ano o baixista, Txema, deixa a banda. É substituído por Jokin (Tijuana in Blue), irmán de Potxeta.

En decembro de 2009 sacaron un disco en directo de 39 cancións, Directo a los güevos. Gravado na sala Jimmy Jazz de Gasteiz o 23 e o 24 de outubro dese ano, supuxo o debut co baixista Jokin. Seguidamente, o grupo fai un pequeno descanso en 2011 antes de compor o cuarto álbum de estudio.

O 29 de febreiro de 2012, o grupo publica o cuarto disco de estudo, Crucificados por el antisistema. O primeiro sinxelo foi "Cómeme la franja de Gaza". O disco, publicado coa discográfica Maldito Records, está composto por 17 cancións.

A finais de 2013, o grupo deixa os escenarios temporalmente. Uns meses despois, o cantante Aitor crea a banda Aberri Txarrak, con que publica o disco debut en febreiro de 2015.

O 8 de outubro de 2015, tras case dous anos sen dar concertos, o grupo emite un comunicado oficial en que confirma o regreso aos escenarios a principios de 2016. Entra na banda o guitarrista Joxemi (Ska-P, No-Relax) para cubrir o posto de Asier, quen deixa a agrupación. Comezan a gravar un novo disco que publican o 12 de febreiro de 2016 co nome de Cicatriz en la matrix, acompañado dun DVD con varios temas en directo.

Durante agosto de 2017 realizan unha xira por América. Visitan Os Ánxeles, San Diego, Tijuana, Cuernavaca, Cidade de México, Bogotá, Valparaíso, Santiago de Chile e Buenos Aires. Durante esta xira, a "PandAmericana Tour", crean e gravan un novo disco, Podrán cortar la droga pero no la primavera. Publícase o 16 de novembro de 2017, editado por un selo creado pola propia banda.

Tras tres anos de concertos e dous discos publicados, a banda anuncia unha nova pausa indefinida despois do fin da xira en xaneiro de 2019.

A banda volve á actividade en outubro de 2019. Únese ao grupo Germán como segundo guitarra. Comezan a traballar nun novo traballo de estudo, e a principios de 2020 dan a coñecer a portada e o título: Spainkiller. Porén, a pandemia do coronavirus obriga a aprazar indefinidamente a saída do disco e a un cambio total de plans. Nos meses seguintes a banda publica as cancións "No tomorrow", "Speed light" e "Amor gallinero".

En novembro de 2020 o grupo anuncia a publicación dun maxi-single titulado "Miedo a un planeta plano vol. 1", catro cancións en que realizan unha aceda crítica da situación vivida coa pandemia.

Membros Actuais Aitor Ibarretxe - voz (2004–2013) / (2015–presente) Joxemi Urkullu - guitarra e coros (2015–presente) Germán Leizaola - guitarra e coros (2019–presente) Jokin Garaikoetxea - baixo e coros (2008–2013) / (2015–presente) Potxeta Ardanza - batería (2004–2013) / (2015–presente)

Anteriores Iñaki - batería (2004) Txema - baixo e coros (2004–2008) Asier Aguirre - guitarra e coros (2004–2013)

Liña do tempo

Discografía {| border="2" cellpadding="4" cellspacing="0" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 100%;width: 40%;"

AnoTítuloDisográficaFormato 2004 Lendakaris Muertos Autoeditado Maqueta 2005 Lendakaris Muertos GOR Diskoak CD 2006 Se habla español GOR Diskoak CD 2008 Vine, vi y me vendí GOR Diskoak CD + DVD 2009 Directo a los güevos GOR Diskoak CD + DVD 2012 Crucificados por el antisistema Maldito Records CD 2016 Cicatriz en la matrix Maldito Records CD + DVD 2017 Podrán cortar la droga pero no la primavera Que mala patria CD + DVD 2020 Miedo a un planeta plano (Vol.1) Qué mala patria EP 2024 Mucho asco (casi) todo Qué mala patria CD

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web de Lendakaris Mortos Entrevista en lafactoriadelritmo.com Comentario de Se habla Español en muzike.org

Categoría:Grupos musicais formados en 2004 Categoría:Grupos musicais de comedy rock