Only Murders in the Building é unha serie de televisión estadounidense de misterio creada por Steve Martin e John Hoffman. A primeira tempada, composta de dez episodios, estreouse en Hulu o 31 de agosto de 2021. Conta a historia de tres estraños, interpretados por Steve Martin, Martin Short e Selena Gomez, que comparten unha obsesión por un podcast de crimes reais. Despois dunha sospeitosa morte no seu edificio de apartamentos de Upper West Side, chamado The Arconia, os tres veciños deciden comezar o seu propio programa cubrindo a investigación da morte, que a policía considerou un suicidio.

A serie recibiu a aclamación da crítica, eloxiando especialmente o seu enfoque cómico do xénero de crime e as interpretacións dos actores principais. En setembro de 2021, a serie foi renovada para unha segunda tempada.

Personaxes Principais Steve Martin como Charles-Haden Savage Martin Short como Oliver Putnam Selena Gomez como Mabel Mora Aaron Dominguez como Oscar Amy Ryan como Jan Cara Delevingne como Alice

Estrea Only Murders in the Building estreouse o 31 de agosto de 2021 a través de Hulu.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión iniciadas en 2021