Las leyes de la frontera é un filme español de 2021 dirixido por Daniel Monzón adaptando a novela homónima de Javier Cercas. Está protagonizado por Marcos Ruiz, Begoña Vargas e Chechu Salgado.

Sinopse Verán de 1978. Ignacio Cañas (Marcos Ruiz) é un estudante de 17 anos introvertido e algo inadaptado que vive en Xirona. Ao coñecer o Zarco (Chechu Salgado) e a Tere (Begoña Vargas), dous mozos delincuentes do barrio chinés da cidade, vese envolto nunha carreira imparable de furtos, roubos e atracos. É unha historia na cal Nacho se fai maior. Cruza a liña entre o ben e o mal, entre a xustiza e a inxustiza.

Personaxes

Marcos Ruiz como Ignacio Cañas Begoña Vargas como Tere Chechu Salgado como Zarco Carlos Oviedo como Guille Xavier Martín como Gordo Daniel Ibáñez como Piernas Jorge Aparicio como Chino Víctor Manuel Pajares como Drácula Cintia García como Lina Guillermo Lasheras como Víctor Carlos Serrano como Cuenca Xavi Sáez como Hidalgo Josep Tosar como Inspector Vives Santiago Molero como Ignacio Ainhoa Santamaría como Rosa Elisabet Casanovas como Cristina

Notas

Véxase tamén

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Daniel Monzón Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes rodados en España Categoría:Filmes de Atresmedia Cine