Anssumane Fati Vieira (Bisáu, Guinea-Bisáu, naceu o 31 de outubro do 2002), coñecido como Ansu Fati, é un futbolista bisauguineano nacionalizado español. Xoga como dianteiro no Fútbol Club Barcelona da Primeira División de España e é internacional coa .
Foi considerado por Eurosport como un dos novos talentos do mundo do fútbol no ano 2020.
Traxectoria
Inicios Ansu Fati trasladouse con seis anos, xunto coa súa familia, á localidade sevillana de Herrera. Alí comezou a xogar ao fútbol nas filas da Escola Peloteros Serra Sur e o C. D. F. Herrera ata que, en 2010, incorporouse ao Sevilla Fútbol Club. En 2012, tras dous anos na canteira hispalense, decidiu marcharse ao Fútbol Club Barcelona para xogar no seu equipo alevín.
O 13 de decembro do 2015, nun partido co Infantil A fronte ao R. C. D. Espanyol, sufriu unha grave fractura de tibia e peroné na súa perna dereita que o tivo dez meses sen poder xogar.
F. C. Barcelona O 24 de xullo do 2019 asinou o seu primeiro contrato profesional co F. C. Barcelona, que incluía unha cláusula de rescisión de cen millóns de euros e tería unha duración de tres anos máis outros dous opcionais. Tiña ficha no equipo xuvenil, o 25 de agosto do 2019 converteuse no segundo xogador máis novo, tras Vicenç Martínez Alama, en debutar no persoal do primeiro equipo aos 16 anos e 298 días. Ansu Fati substituíu no minuto 78 a Carles Pérez no triunfo por 5 a 2 ante o Real Betis, no Camp Nou, correspondente á segunda xornada de Liga.
O seu primeiro gol como profesional anotouno o 31 de agosto no empate 2-2 ante o Club Atlético Osasuna, cando só levaba cinco minutos no terreo de xogo do Sadar. Co seu tanto, converteuse no futbolista máis novo de toda a historia do Barça en marcar en Primeira División, con 16 anos e 304 días de idade, e no terceiro xogador mais novo na historia da liga, por detrás de Fabrice Olinga e Iker Muniain. Dúas semanas despois debutou como titular na Liga no Camp Nou, marcando o 1-0 no minuto 2 e asistindo para o 2-0 ante o Valencia C. F. nun partido que acabou 5-2 a favor do conxunto catalán. A súa precocidade continuou o 17 de setembro cando se converteu no xogador máis novo do club catalán en debutar na liga de Campións da UEFA nun partido de fase de grupos fronte ao Borussia Dortmund. Ao cumprir os 17 anos, Ansu xa disputara 7 partidos oficiais co primeiro equipo, sumando un total de 282 minutos cunha bagaxe de 2 goles e unha asistencia.
O 4 de decembro de 2019 o conxunto barcelonés anunciou a mellora do seu contrato até o 30 de xuño de 2022, coa posibilidade de prolongalo dous anos máis, e un aumento da cláusula de rescisión a 170 millóns de euros, que se ampliaría a 400 unha vez asinase o seu primeiro contrato como xogador do primeiro equipo, ademais de pasar a ter ficha co filial. Seis días despois, o 10 de decembro, anotou o gol da vitoria do seu conxunto ante o Inter de Milán por 1 a 2, e converteuse así no goleador máis novo na historia da liga de Campións con 17 anos e 40 días.
Tamén foi o futbolista máis novo en debutar nunha competición, a Supercopa de España, no partido do 9 de xaneiro do 2020 fronte ao Atlético de Madrid ao disputar os últimos dous minutos da derrota por 2-3 en semifinais. Un mes despois, o 2 de febreiro, anotou un dobre na vitoria 2-1 ante o Levante Unión Deportiva e converteuse no xogador máis novo da historia da liga en logralo. O 5 de xullo do 2020 anotou o definitivo 1-4 na vitoria ante o Vilarreal C. F., gol que foi o número 9000 en partido oficial na historia do club. Dúas semanas despois marcou o primeiro na goleada do Barcelona por 0-5 sobre o Deportivo Alavés en Mendizorroza, o seu sétimo gol na liga 2019-20.
O 23 de setembro foi confirmado coa ficha do primeiro equipo, lucindo o dorsal 22 e pasando a ter unha cláusula de rescisión de 400 millóns de euros como se acordou na súa anterior renovación do contrato. Catro días despois iniciou a tempada 2020-21 marcando dous goles, os dous primeiros, e provocando un penalti na vitoria ante o Vilarreal C. F. por 4-0. O 1 de outubro abriu o marcador na vitoria do Barça 0-3 sobre o R. C. Celta de Vigo na 4.ª data da liga 2020-21. O 20 de outubro anotou na goleada por 5-1 sobre o Ferencváros T. C. en Liga de Campións e converteuse no primeiro menor de 18 anos en meter dous tantos na máxima competición continental.
O 24 de outubro converteuse no xogador máis novo en marcar no Clásico, no minuto 8 no Camp Nou, igualando o partido 1-1. Con este gol, ademais, converteuse no xogador que máis goles marcara na historia da liga sendo menor de idade, igualando a marca de José Iraragorri. O 7 de novembro sufriu unha lesión de xeonllo contra o Real Betis Balompé e foi substituído no descanso; as probas posteriores confirmaron que se desgarrara o menisco do xeonllo esquerdo. Dous días despois foi operado e o club anunciou que estaría fóra durante aproximadamente catro meses.
O proceso de recuperación foi máis lento do previsto e acabou perdendo o que restaba de tempada, recibindo alta médica o 25 de setembro de 2021. Ao día seguinte volveu xogar e marcou un gol despois de case 11 meses lesionado, pechando a vitoria por 3-0 sobre o Levante U. D. en Liga. Un mes despois da súa volta ás canchas renovou o seu contrato até o 30 de xuño de 2027 cunha cláusula de rescisión de 1000 millóns de euros. O 2 de novembro anotou o único gol na vitoria sobre o Dynamo de Kíiv na liga de Campións que colocaba ao equipo na segunda posición do grupo.
Sub-21 A súa precocidade foi extensible á súa carreira na selección nacional, xa que o 10 de outubro do 2019 a FIFA daba autorización á Federación Española para poder convocalo e só un día despois, o seleccionador da sub-21, Luís de la Fuente, chamouno para cubrir a baixa por lesión do seu entón compañeiro no F. C. Barcelona, Carles Pérez. O 15 de outubro de 2019 converteuse no segundo xogador máis novo en xogar coa selección tras substituír a Marc Cucurella no minuto 79 da vitoria de España por 0-2 ante en partido correspondente á clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 2021.
Absoluta O 20 de agosto de 2020 foi convocado por primeira vez coa para os partidos da liga das Nacións da UEFA e .O 3 de setembro debutou no encontro ante a selección de Alemaña substituíndo no descanso a Jesús Navas e converténdose así no segundo xogador máis novo, con 17 anos e 308 días, e o número 800 en xogar coa selección.Tres días máis tarde foi titular ante Ucraína, logrando un gol co que se converteu no goleador máis novo na historia da selección con 17 anos e 311 días, superando a marca que mantiña Juan Errazquin desde 1925.
Goles internacionais N.ºDataEstadioRivalGolResultadoCompetición16 de setembro de 2020Estadio Alfredo Dei Stéfano, Madrid, España3-04-0Liga das Nacións da UEFA 2020-21
Estatísticas
Clubs Actualizado ao último partido disputado o 6 de novembro de 2021.20x20px Club Div. Tempada Liga CopasnacionaisInclúe datos de España: Copa do Rei e Supercopa de España (2019-act.). CopasinternacionaisInclúe datos da Liga de Campións da UEFA (2019-act.). TotalNon inclúe datos de partidos amigables. MediagoleadoraPart.GolesAsist.Part.GolesAsist.Part.GolesAsist.Part.GolesAsist.1.ª2019-2024714––51–33 |81 |2020-2174––––31210 |52 |2021-2253–21–31–10 |50 |Total club 36141610113253183Total carreira 36141610113253183
Fontes: UEFA - LaLiga - BDFutbol - Transfermarkt. Goles en competición internacional Partidos nos que anotou tres ou máis goles: Actualizado de acordo ao último partido xogado o 4 de novembro de 2020.20x20px Goles en Liga de CampiónsResultadosEstadioDataTempadaGolesInternazionale 12BarcelonaEstadio Giuseppe Meazza, Milán, Italia10 de decembro de 20192019-20Barcelona 51FerencvárosiCamp Nou, Barcelona, España20 de outubro de 20202020-21Dinamo Kíiv 01Barcelona Estadio Olímpico de Kíiv, Kíiv, Ucraína2 de novembro de 20212021-22
Palmarés
Títulos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa do ReiF. C. Barcelona2021
Distincións individuais DistinciónAnoPremio NxGn ao mellor futbolista novo do mundo2021
Notas
Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Futbolistas de Guinea-Bissau Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Bissau Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores do FC Barcelona