miniatura|215px|Detalle da flor A carqueixa boieira,carqueixa boieira no Dicionario da RAG. Halimium lasianthum, é unha especie de planta fanerógama arbustiva da orde das malvales e familia das cistáceas, unha das comprendidas no xénero Halimium.

De até un metro de altura, ten follas oblongas e flores reunidas en grupos con pétalos amarelos.

Non confundir con carqueixa (Genista tridentata).

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1836 polo botánico francés Édouard Spach, nun traballo publicado en Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 2, 6: 366.Halimium lasianthum (Lam.) Spach no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.

Sinónimo Coñeceuse tamén polo sinónimo: Cistus lasianthus Lam. (protónimo)

Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Halimium lasianthum alyssoides (Lam.) Greuter Halimium lasianthum lasianthum Spach

Características Orixinaria da Península Ibérica (Portugal, oeste de España), do suroeste de Francia e do noroeste de África (Marrocos), é un arbusto perennifolio que crece até 1 m de altura por 1,5 m de ancho, con follas de cor verde agrisada e flores amarelas brillantes na primavera. As flores poden ter unha mancha granate na base de cada pétalo.

Para cultivar esta planta requírese un solo areoso e pleno sol.

Notas

Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Plantas descritas en 1836