dereita|miniatura|Imaxe dunha persoa practicando a natación. A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga ou outro líquido, xeralmente con fins recreativos, deportivos, de exercicio ou de supervivencia, por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico, xa que nel se moven de forma coordinada tódolos grupos musculares e está comprobado que serve para mellora-la resistencia física.
Actualmente a natación é sobre todo unha práctica recreativa e un deporte, e nalgúns países as leccións de natación son unha parte obrigatoria do currículo educativo. Como un deporte formal, a natación ten competencias locais, nacionais e internacionais. Os Xogos Olímpicos son os máis importantes, onde a natación é unha disciplina acompañada dun comportamento adecuado. Tamén existe a natación asociada ao traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e os científicos que investigan a fauna e flora marítimas. Así mesmo utilizase eventualmente para salvar persoas do afogamento.
Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.
Os seus usos principais son o baño, o mergullo, a pesca submarina, salvamento acuático, actividade lúdica, exercicio e deporte.
Ciencia miniatura|Os nadadores realizan quencementos antes de entrar na piscina nunha base militar dos Estados Unidos, 2011 A natación baséase na flotabilidade natural do corpo humano. De media, o corpo ten unha densidade relativa do 0,98 en comparación coa auga, que fai que o corpo flote. Con todo, a flotabilidade varía en función da composición corporal e a salinidade da auga. Niveis máis altos de densidade do corpo ou auga máis salgada cun corpo de densidade menor fai que aumente a súa flotabilidade nesta.
Posto que o corpo humano só é lixeiramente menos denso que a auga, a auga soporta o peso do corpo durante a natación. Como resultado, a natación é un "impacto baixo" en comparación coas actividades que se poden realizar en terra como correr. A densidade e a viscosidade da auga tamén crean resistencia para obxectos que se moven a través da auga. Os movementos que o corpo debe facer para nadar aproveitan esta resistencia para crear propulsión, pero esta mesma resistencia tamén xera resistencia no corpo.
A hidrodinámica é unha importante técnica para nadar máis rápido; é utilizada por nadadores que queren nadar máis rápido ou reducir a fricción do movemento do corpo a través da auga. Para ser máis hidrodinámicos, os nadadores poden aumentar a potencia dos seus golpes, ou reducir a resistencia á auga, aínda que a enerxía debe aumentar por un factor de tres para lograr o mesmo efecto que reducir resistencia. A natación eficiente mediante a redución da resistencia da auga implica unha posición horizontal na auga, rodar o corpo para reducir a anchura do corpo na auga e estender os brazos tanto como sexa posible para reducir a resistencia das ondas.
Xusto antes de mergullarse na piscina, os nadadores poden realizar exercicios tales como poñerse en crequenas que lles axuda a mellorar a saída por quecemento dos músculos da coxa.Swimming Anatomy, Publisher: Human Kinetics, Year: 2010, ISBN 9781450409179, pág. 147
Natación infantil miniatura|Os bebés aguantan instintivamente a respiración baixo a auga. Os bebés mostran unha natación innata e reflexos de mergullo ata a idade aproximada de seis meses. A resposta do mergullo implica apnea, bradicardia reflexa e vasoconstrición periférica; noutras palabras, os bebés mergullados na auga aguantan espontaneamente a respiración, reducen a frecuencia cardíaca e reducen a circulación sanguínea ás extremidades (dedos das mans e dos pés). Debido a que os bebés son capaces de nadar de forma innata, en moitos lugares ofrécense clases para bebés duns 6 meses de idade. Isto axuda a construír a memoria muscular e fai nadadores fortes desde pequenos.
Pódese apoiar o ensino con métodos pedagóxicos como a motivación e incentivación. Contar con eles, facer xogos ou crear didácticas ao seu nivel de comprensión para lograr maiores avances. Maior efectividade con nenos entre 2 a 4 anos de idade.
Beneficios: para os bebés, os beneficios son moitos. A natación mellora as súas capacidades cardiorrespiratorias. Con este deporte trabállanse e exercitan os músculos, a coordinación motora e o sistema circulatorio e o sistema respiratorio. Ademais contribúe no desenvolvemento da independencia e autoconfianza do bebe ou do neno. Tamén mellora a coordinación,o equilibrio e o coñecemento do espazo.
Técnica miniatura|Nadador realizando o estilo bolboreta. Na natación pódese utilizar unha ampla gama de movementos, coñecidos como "estilo", e estes estilos utilízanse para diversos propósitos, ou para distinguir entre as clases de natación competitiva. Non é necesario utilizar un trazo definido para a propulsión na auga, algúns nadadores inexpertos utilizan uo "estilo can", este estilo sácase do movemento de brazos e pernas similar ao que fan os animais de catro patas ao nadar.
Hai catro movementos principais que son utilizados en competicións de natación e en actividades de recreación de natación: o crol ou estilo libre, o estilo peito (estilo braza), o estilo costas e o estilo bolboreta. A natación competitiva en Europa comezou ao redor do ano 1800, usando principalmente o estilo de brazada. En 1873, John Arthur Trudgen introduciu unha técnica de natación chamada trudgen en competicións de natación occidentais, o estilo crol foi copiado dos indios americanos, pero substituíndo unha patada de tesoira pola tradicional patada aleteo que reducía as salpicaduras. O estilo bolboreta fíxose na década dos 30 e introduciuse na mesma década, era considerado unha variante da brazada ata que en 1953 foi aceptada como un estilo separado. O estilo bolboreta é para moitos o estilo máis difícil, queima máis calorías e tonifica máis os músculos en comparación cos outros 3 estilos, e pode ser o segundo estilo máis rápido se se practica con regularidade. O estilo bolboreta non é fácil e ten un nivel de complexidade moi alto, pero é talvez por iso que nadar bolboreta é un reto. Está claro que a figura de Michael Phelps contribuíu a que este estilo popularizouse na última década, en especial tras as súas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos, (28 medallas entre 2004 e 2012).
Pero lonxe das piscinas olímpicas,tamén está o feito de que se o que se busca é queimar calorías este é o estilo recomendado xa que se pon a traballar unha cantidade similar de músculos que o crol, pero obriga ás persoas para esixirse máis nos movementos.
Na natación non competitiva, hai outros estilos de natación, incluído o estilo lateral. O estilo lateral cara a fins do século XIX, cambio o estilo levantando un brazo por encima da auga primeiro, despois o outro e logo cada un por quenda. Este estilo aínda se utiliza no salvamento e a natación recreativa.
Existen outros estilos por razóns particulares, como adestramento, leccións escolares e rescate, e a miúdo é posible cambiar os estilos para evitar o uso dalgunhas partes do corpo, xa sexa para separar partes específicas do corpo, como nadar só con brazos ou pernas para exercitalas máis duro, ou para amputados ou afectados por parálises.
Deporte miniatura|A competencia en natación é individualizada aínda que se adestre en equipo, o obxectivo é ser o máis rápido en completar a distancia establecida no menor tempo posible. A natación como deporte involucra predominantemente a participantes que compiten para ser os máis rápidos, e exclusivamente mediante propulsión propia, nunha distancia dada no menor tempo posible. Isto faio ser un deporte individualizado, xa que aínda que se adestre como equipo enfróntanse entre pares. Os competidores nadan diferentes distancias en diferentes niveis de competencia. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. As diferentes distancias a percorrer establécense segundo os diferentes niveis de competencia. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:
crol de costas peito (ou braza) bolboreta medley
Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crol, por exemplo, o atleta posiciónase co peito virado cara ao fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito virado cara ao fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito virado cara a riba, e as costas viradas cara ao fondo da piscina.
miniatura|Nadador competindo nos JORJ 2016. A natación insírese nos deportes acuáticos e é deporte olímpico desde 1896. O programa actual inclúe eventos desde os 50 m ata 1500 m de lonxitude, nos catro estilos principais e combinados. O actual programa olímpico de natación contén estilo libre de 50 m, 100 m, 200 m, 400 m, 800 m e 1500 m; costas, bolboreta, e braza de 50 m, 100 m e 200 m; combinado de 200 m, é dicir, bolboreta de 50 m, costas de 50 m, braza de 50 m e estilo libre de 50 m; combinado de 400 m, bolboreta de 100 m, costas de 100 m, braza de 100 m e estilo libre de 100 m e substitucións combinadas, o que quere dicir que cada participante realiza unha proba xa sexa de 100 m ou 200 m.
A maioría das escolas de natación cobren estas distancias; estilo libre de 50, 100, 200 e 400 m; costas, bolboreta e braza de 100 m e 200 m. Tamén hai substitucións combinadas en equipo, que inclúen carreiras de diferentes estilos intercalados.
En competición e adestramento o percorrido en lonxitude e o retorno ao momento de partida denomínase volta; así se pode dicir que se percorreu dúas voltas no canto de 100 metros, en piscinas de 25 metros. Un longo fai referencia á lonxitude percorrida sen dar a volta.
A natación é un deporte profesional. As empresas patrocinan aos nadadores que están no nivel internacional, aínda que moitos nadadores compiten co fin de representar ao seu país de orixe nos Xogos Olímpicos. Os premios en efectivo por bater marcas tamén se dan en moitas das competicións máis importantes . Os nadadores profesionais tamén poden gañarse a vida como artistas, no caso da natación sincronizada.
Ramas da natación Máis aló das carreiras de natación, existen outras modalidades competitivas, cada unha con características moi diferentes.
Nas competencias poden haber diferentes distancias, todo depende da categoría na que o nadador se atope (a categoría defínese segundo a idade), polo que se pode nadar desde os 25 metros ata un quilómetro ou máis. Cando se nada neste tipo de competición é posible nadar calquera estilo da lista. Case todos os nadadores usan o crol frontal ou o crol habitual debido á súa velocidade superior. Para as competicións de estilos, tanto se son individuais como de substitucións, o estilo libre pode ser calquera estilo agás braza, costas e bolboreta. Saltos: Trampolín: 1 e 3 metros individual, 3 metros sincronizado. Plataforma: 10 metros individual e 10 metros sincronizado. Wáter-polo: Por eliminatorias ata chegar ás finais. Natación sincronizada: Individual. Parellas. Equipos. Rutina libre combinada. Natación en augas abertas: 5, 10 e 25 km, esta última disciplina olímpica desde os Xogos Olímpicos de Pequín 2008.