Linda Salzman Sagan, nada o 16 de xullo de 1940, é unha escritora e artista norteamericana ex-esposa do científico e escritor Carl Sagan.
Traxectoria Coñecida por ter creado a placa para as sondas espaciais Pioneer 10 e Pioneer 11 que suxire para algún ser extraterrestre como sería a aparencia da especie dominante no planeta Terra, e pola coprodución do Voyager Golden Record. É coautora de Earth's Murmurs (Murmúrios daTerra na tradución portuguesa) co seu exmarido, o astrónomo Carl Sagan, con quen casou o 6 de abril de 1968; o matrimonio durou até o divorcio en 1981, cando Carl Sagan casou coa súa terceira e derradeira esposa, Ann Druyan. Tamén é coñecida por dirixir varias obras para o Central Casting Theatre de Ithaca, Nova York e por escribir episodios de televisión como Knots Landing e General Hospital.
É a nai do autor e guionista Nick Sagan.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos NASA
Ligazóns externas O contido do Disco de ouro da Voyager
Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Astrobioloxía Categoría:Astronáutica Categoría:Astrofísica Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1940