Manuel Arca Castro, nado en Santiago de Compostela en 1996, é un tradutor galego que desenvolve o seu labor profesional principalmente no ámbito audiovisual e, en menor medida, no mundo editorial, en tarefas de asesoría lingüística e corrección para empresas como Obradoiro Edicións, NovoVinilo Edicións ou a Editorial Hugin e Munin.
Tamén traballa como actor de dobraxe e, dende finais de 2024, é docente de lingua galega na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Mantén un blog no que aborda temas de lingüística, tradución e dobraxe.
Traxectoria É licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, institución na que tamén cursou o mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional.
Obtivo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira en 2018.
Foi distinguido, na categoría de Tradución, nas edicións de 2017 e 2018 dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.
É socio da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da InterpretaciónFicha do persoeiros, agpti.org. e tamén da DAMA (Dereitos de Autor de Medios Audiovisuais)Sobre o autor , blog derrubandoisoglosas..
Tradución audiovisual Filmografía Annie Hall (1977) Flashdance (1983) O derradeiro dos mohicanos (1992) Ponyo no cantil (2008) Mátaos suavemente (2012) Mandela: un longo camiño cara á liberdade (2013) O francotirador (2014) Sicario (2015) Dunkerque (2017) The Florida Project (2017) Rei Artur: a lenda de Excálibur (2017) Unha cita no parque (2017) 1917 (2019) Mirai (2018) O escándalo (2019) Puñais polas costas (2019)
Series infantís e xuvenís Episodios 301-350 d'O detective Conan (1996) Doraemon (2005) Spirit, galopando ceibe (2017) A abella Maia, T2 (2017) Hudson e Rex, T1 (2019) Sonic Prime (2022) Os padriños máxicos! Un desexo novo (2024)
Tradución literaria Do que falamos cando falamos do amor, de Raymond Carver (Edicións Xerais, 2017).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog do persoeiro.
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Santiago de Compostela
Categoría:Nados en 1996
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes