José Rodríguez Faílde, nado en Carracedo (A Peroxa) en 1887 e finado nos Peares en 1958.

Traxectoria Emigrou a Cuba onde traballou como xornalista e foi propietario da revista El Industrial (1912) e colaborou en Galicia e La Patria Gallega. Retornou a Galicia en 1917,Galicia, 14-4-1917, p. 13. desde onde enviou colaboracións para Eco de Galicia e O Tio Marcos d'a Portela e o ano seguinte crónicas para a revista Galicia. En maio de 1918 foi elixido presidente da Sociedad de Agricultores de Carracedo.La Voz de Galicia, 13-5-1918, p, 2. Volveu marchar a Cuba en 1920,Galicia, 17-7-1920, p. 16. e colaborou en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia (onde publicou un poema en galego) e España Nueva. Foi secretario da sociedade Naturales de la Peroja da Habana.La Región, 27-7-1927, p. 1. Retornou definitivamente a mediados dos anos vinte e instalouse en Ourense; foi dono dun quiosque-libraría que non vendía prensa de dereitas. Colaborou en La RegiónLa Región, 9-4-1927, p. 1. e La Zarpa. Na República militou no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi elixido bibliotecario da xunta executiva de Ourense que presidía Jacinto Santiago en xaneiro de 1933.El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 8 de outubro "por berros subversivos"La Región, 13-10-1934, p. 3. e instruíuselle unha información militar que foi sobresida, polo que saíu en liberdade o 20 dese mes. Simpatizante de Azaña, afiliouse a Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 uns falanxistas queimáronlle o quiosque e deixaron as cinzas na porta da súa casa. Agochouse, pero foi detido en Carracedo o 13 de xaneiro de 1937, acusado de "significado comunista y elemento de enlace del Socorro Rojo Internacional". Xulgado en Ourense con Vicente Bouso Cuñado, Antonio Bouso Iglesias e Pilar Rodríguez Faílde, foi condenado a prisión. Ingresou en prisión o 27 de xaneiro e abríronlle expediente de incautación de bens en febreiro.La Región, 6-2-1937, p. 2. Pasou polas cadeas de Celanova, Cumial, Oseira, Valladolid e Padrón. Saíu en liberdade provisional en 1941. Ofrecéronlle un posto como quiosqueiro na Rúa do Paseo pero negouse a vender a prensa da época. Traballou como contable nunha fábrica no barrio da Ponte, contraeu o tifo e deixou o posto. Exerceu de mestre en Carracedo durante un ano e outro en Mirallos, pero foi denunciado e tivo que abandonar o seu posto de traballo. Enfermo e incapacitado para traballar a terra, morreu aos 71 anos. Foi soterrado no cemiterio de Casdavil.

Obras Armonías, A Habana, 1921.

Vida persoal Casou con Camila Toral González e foi pai de América, Emilio, Luz Esther e Josefa Rodríguez Toral.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas o blog do meu avó Expediente persoal do recluso José Rodríguez Faílde

Expediente de responsabilidades políticas de José Rodríguez Failde, Ángel Armesto Muñoz, Martín Prieto Soutullo, Pedro Martínez Ruán, Valentín Prieto Mesa, Mateo Pemán Fernández, Celso Pereira Rego, Abelardo Fernández Pérez, Manuel Álvarez Rodríguez e Nicolás Pérez Bertólez.

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1958