miniatura|300px|O Villa de Pitanxo, afundido o 15 de febreiro de 2022. 2022 (MMXXII) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI e a década de 2020, comezado en sábado.

As Nacións Unidas declararon 2022 como Ano Internacional da Pesca Internacional e da Acuicultura, Ano Internacional das Ciencias Básicas para o Desenvolvemento Sustentábel, Ano Internacional do Desenvolvemento Sustentábel das Montañas, e Ano Internacional do Vidro.

Acontecementos

Febreiro 4 de febreiro: comezan os Xogos Olímpicos de Inverno en Pequín, que continuaron ata o día 20 do mesmo mes. 15 de febreiro: afúndese o barco de pesca galego Villa de Pitanxo e morren máis de 20 tripulantes. 21 de febreiro: Rusia recoñece a independecia da República Popular de Donetsk e a República Popular de Luhansk. A acción é condenada polas Nacións Unidas. Varios países preparan sancións económicas contra Rusia. 22 de febreiro: Rusia invade Ucraína. Nun comunicado matinal, o presidente Vladimir Putin anunciou unha «operacion militar especial» nos territorios de Donetsk e Luhansk. Minutos despois, reportaronse explosións en Kíiv, Khárkiv, Odesa e o Donbás. O presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyi respondeu promulgando a lei marcial, cortando as relacións diplomáticas con Rusia e ordenando a mobilización xeral.

Marzo 21 de marzo: Estrélase un Boeing 737 de China Eastern Airlines, morren os 132 ocupantes.

Mortes

27 de xullo - Michael Moloney, músico e estudoso da música de orixe irlandesa (n. 1944).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Finados en 2022 Historia ano a ano

Categoría:2022