Ji Yun-Nam (en ), nado en Pyongyang o 20 de novembro de 1976) é un ex-futbolista norcoreano. Xogaba de mediocentro defensivo ou lateral esquerdo e militou no 25 de Abril da liga de Corea do Norte. Foi internacional coa selección norcoreana, coa que disputou o Mundial de 2010 en Suráfrica.
Selección nacional Foi internacional coa selección da República Democrática Popular de Corea en 32 ocasións, 8 delas en partidos de clasificación para a Copa Mundial da FIFA. Aínda que estaba acostumado a xogar de mediocentro defensivo, coa selección ocupou o posto de lateral esquerdo.
Representou ao seu país no Mundial de 2010, en Suráfrica, marcando o único gol do seu equipo no campionato. Foi o 15 de xuño de 2010, na derrota da primeira xornada contra a selección brasileira, batendo ao gardameta Júlio César nos minutos finais do partido (2-1).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en National-Football-Teams.com .
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Pyongyang Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas de Corea do Norte Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Corea do Norte