Os Diplostraca (diplostráceos) ou Cladocera (cladóceros), xeralmente chamados pulgas de auga, son unha superorde de pequenos crustáceos que se alimentan de partículas diminutas de materia orgánica (hai tamén algunhas formas predadoras).
Ata agora recoñecéronse unhas 1.000 especies desta superorde, e moitas máis están aínda sen describir. Os fósiles máis antigos dos Diplostraca datan do Xurásico, aínda que a moderna morfoloxía destes fósiles suxire que se orixinaron bastante antes, durante o Paleozoico. A maioría son de augas doces, pero algúns adaptáronse tamén á vida no océano, e son os únicos Branchiopoda que o fixeron, aínda que os Anostraca viven en lagos hipersalinos. A maioría son de 0,2 a 6,0 mm de longo, teñen unha cabeza xirada cara a abaixo cun único ollo composto medial e un exoesqueleto que lles cobre o tórax e o abdome, aparentemente non segmentados. A maioría das especies presenta unha partenoxénese cíclica, na que a reprodución asexual é ocasionalmente suplementada con reprodución sexual, a cal produce ovos de repouso moi resistentes, que permiten a estas especies sobrevivir a duras condicións e espallarse a hábitats distantes.
Descrición
miniatura|esquerda|Leptodora kindtii é un Diplostraca pouco común, de ata 18 mm de longo. A maioría miden de 0,2 a 6,0 mm de longo, coa excepción de Leptodora, que pode chegar aos 18 mm. O corpo non presenta segmentación aparente e ten un exoesqueleto ou casca que cobre o tórax e o abdome.
A cabeza está colocada formando un ángulo cara a abaixo e pode estar separada do resto do corpo por unha amosega cervical. Teñen un só ollo composto negro, localizado na liña media do animal en todos os xéneros excepto dous, e a miúdo teñen un só ocelo. Na cabeza hai dous pares de antenas, as do primeiro par son apéndices pequenos non segmentados, mentres que as do segundo par son grandes, segmentadas e ramificadas, con poderosos músculos. As primeiras antenas levan sedas (setae) olfactorias, e as segundas son utilizadas pola maioría das especies para nadar. O padrón de sedas das segundas antenas é útil para a identificación. A parte da cabeza que se proxecta diante das primeiras antenas denomínase rostro ou "bico".
As pezas bucais son pequenas e consisten nun labro impar, un par de mandíbulas, un par de maxilas e un labio impar. Utilízanas para comer "detritos orgánicos de todas clases" e bacterias.
O tórax ten cinco ou seis pares de apéndices lobados, que parecen follas, cada un dos cales ten numerosos pelos ou sedas. Toman o oxíxeno e liberan o dióxido de carbono por toda a superficie do seu corpo.
Ciclo de vida miniatura|Un cladócero dando a luz (aumento de 100x) Coa excepción dunhas poucas especies puramente asexuais, o ciclo vital dos Diplostraca está dominado pola reprodución asexual, pero con períodos ocasionais de reprodución sexual; isto denomínase partenoxénese cíclica. Cando as condicións son favorables, a reprodución ocorre por partenoxénese durante varias xeracións, producindo só femias clónicas. A medida que se deterioran as condicións, prodúcense machos e realízase a reprodución sexual. Isto ten como resultado a produción de ovos dormentes de longa duración e resistencia. Estes ovos de ephippium poden ser transportados pola terra levados polo vento e fan eclosión cando atopan condicións favorables, o que permite que moitas especies teñan distribucións moi amplas, mesmo cosmopolitas.
Historia evolutiva
Os Diplostraca están aniñados dentro dos concostráceos, e están máis estreitamene relacionados coa orde Cyclestherida, cuxo único xénero vivo é Cyclestheria. Aínda que hai varios fósiles do Paleozoico dos que se dixo que eran representantes dos Diplostraca, ningún destes rexistros foi confirmado. Os rexistros máis antigos confirmados de Diplostraca son de inicios do Xurásico de Asia. Os fósiles do Xurásico son asignables a grupos modernos ou extintos, o que indica que a radiación inicial do grupo aconteceu antes do comezo do Xurásico, probablemente durante o Paleozoico.
Ecoloxía miniatura|Evadne spinifera, unha das moi escasas especies de Diplostraca mairiños. A maioría das especies de Diplostraca viven en auga doce e outros corpos de auga continentais, e só hai oito especies que son verdadeiramente oceánicas. As especies mariñas están todas encadradas na familia Podonidae, agás o xénero Penilia. Algúns Diplostraca habitan nos leitos de follas caídas.
Taxonomía miniatura|Daphnia magna Segundo o World Registry of Marine Species (WORMS), Cladocera é sinónimo do superorde Diplostraca, que está incluído na clase Branchiopoda. Ámbolos nomes están actualmente en uso. O superorde forma un grupo monofilético de 7 ordes, unhas 24 familias e máis de 11.000 especies (crese que moitas máis están aínda sen describir). Só o xénero Daphnia xa contén máis de 150 especies.
As seguintes familias están recoñecidas:
Superorde Diplostraca Gerstaecker, 1866 (=Cladocera)
Orde Anomopoda G.O. Sars, 1865 Familia Acantholeberidae Smirnov, 1976 Familia Bosminidae Baird, 1845 Familia Chydoridae Dybowski & Grochowski, 1894 Familia Daphniidae Straus, 1820 Familia Dumontiidae Santos-Flores & Dodson, 2003 Familia Eurycercidae Kurz, 1875 Familia Gondwanothrichidae Van Damme, Shiel & Dumont, 2007 Familia Ilyocryptidae Smirnov, 1976 Familia Macrothricidae Norman & Brady, 1867 Familia Moinidae Goulden, 1968 Familia Ophryoxidae Smirnov, 1976 Orde Ctenopoda G.O. Sars, 1865 Familia Holopediidae G.O. Sars, 1865 Familia Pseudopenilidae Korovchinsky & Sergeeva, 2008 Familia Sididae Baird, 1850 Orde Cyclestherida Sars G.O., 1899 Familia Cyclestheriidae Sars G.O., 1899 Orde Haplopoda G.O. Sars, 1865 Familia Leptodoridae Lilljeborg, 1861 Orde Laevicaudata Linder, 1945 Familia Lynceidae Stebbing, 1902 Orde Onychopoda G.O. Sars, 1865 Familia Cercopagididae Mordukhai-Boltovskoi, 1968 Familia Podonidae Mordukhai-Boltovskoi, 1968 Familia Polyphemidae Baird, 1845 Orde Spinicaudata Linder, 1945 Familia Cyzicidae Stebbing, 1910 Familia Eocyzicidae Schwentner, et al., 2020 Familia Leptestheriidae Daday, 1913: 44 Familia Limnadiidae Burmeister, 1843
Etimoloxía A palabra "Cladocera" deriva das raíces gregas κλάδος, kládos, 'rama' e κέρας, kéras, 'corno').
Notas
Brusca, R.C.; Brusca, G.J. (1990). Invertebrates. Sinauer Associates: Sunderland, MA (USA). ISBN 0-87893-098-1. 922 pp Martin, J.W., & Davis, G.E. (2001). An updated classification of the recent Crustacea. Science Series, 39. Natural History Museum of Los Angeles County. Los Angeles, CA (USA). 124 pp. Norambuena, J., J. Farías & P. De los Ríos. (2019). The water flea Daphnia pulex (Cladocera, Daphniidae), a possible model organism to evaluate aspects of freshwater ecosystems. Crustaceana, (11-12): 1415-1426.
Véxase tamén
Ligazóns externas Cladocera – Guide to the Marine Zooplankton of South Eastern Australia
Categoría:Cladóceros Categoría:Crustáceos