miniatura|250px|Maqueta de STSat-2C. STSat ou Science and Technology Satellite, é o nome dunha serie de satélites artificiais surcoreanos adicados á observación terrestre, á astronomía e a outras tarefas.

STSat 1 STSat 1 foi o primeiro satélite da serie STSat, nomeado orixinalmente KAISTSat 4. O obxectivo orixinal do programa era crear un bus para pequenos satélites artificiais de alto rendemento. STSat 1 levaba a bordo un espectrógrafo para o ultravioleta distante, un telescopio de estado sólido, un sistema de recolección de datos, un sensor estelar de ángulo estreito e un espectroscopio de plasma. O satélite foi lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un foguete Kosmos 3M.

STSat 2A, 2B STSat 2A e 2B estaban destinados a axudar a desenvolver un tipo de satélite para órbita baixa lanzados co foguete surcoreano Naro 1 (tamén coñecido como KSLV-1). Levaban a bordo un telescopio para a observación da liña Lyman alfa e un medidor láser para a medición precisa da distancia do satélite ás estacións de terra. Ningún dos dous chegou a órbita por problemas dos foguetes lanzadores, con STSat 2A sendo intentando lanzar o 25 de agosto de 2009 e STSat 2B o 10 de xuño de 2010.

STSat 2C STSat 2C foi lanzado exitosamente mediante un Naro 1 o 30 de xaneiro de 2013. Tiña unha masa de menos de 100 kg e levaba a bordo un retrorreflector láser, unha sonda Langmuir, un monitor de raidación, un sensor infravermello e un oscilador láser. O satélite deixou de funcionar en abril de 2014.

STSat 3 STSat 3, lanzado o 21 de novembro de 2013 mediante un foguete Dnepr, foi lanzado para facer observacións astronómicas no infravermello, observar a terra para facer medicións medioambientais e como demostrador tecnolóxico para probar unha serie de novas tecnoloxías.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasSTSat 127 de setembro de 2003Kosmos 3MÉxitoSTSat 2A25 de agosto de 2009Naro 1FalloSTSat 2B10 de xullo de 2010Naro 1FalloSTSat 2C30 de xaneiro de 2013Naro 1ÉxitoSTSat 321 de novembro de 2013DneprÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosmos 3M Naro 1 Dnepr

Categoría:Satélites artificiais