Post Mortem é un filme húngaro de 2020 dirixido por Péter Bergendy. Foi escollido como candidato de Hungría para o Óscar ó mellor filme internacional na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse En 1918, cara ao final da primeira guerra mundial, nun campo de batalla, o soldado alemán Tomás é dado por morto tras unha explosión de artillaría, sendo lanzado a unha fosa común; porén, un soldado veo aínda respirando na pila de cadáveres e sácao dunha trincheira inundada, onde en estado semiinconsciente debido á explosión, tiña unha visión estraña: a dunha moza que o chama de novo á vida. Seis meses despois, traballa como fotógrafo compoñendo fotos familiares nas que os vivos e os mortos (maquillados e recompostos) posan xuntos. Tomás ve como a súa alucinación parece materializarse na enigmática persoa de Anna, unha nena orfa duns dez anos de idade.
Tomás sepárase temporalmente da caravana viaxeira da que é membro, para ir á aldea húngara de Anna, convidado por algúns dos seus habitantes. Resulta que nesa aldea e noutras dos arredores, o terreo xeado impide o enterro das numerosas vítimas dunha terrible pandemia.
Personaxes Viktor Klem como Tomás Fruzsina Hais como Anna Judit Schell como Marcsa Andrea Ladányi como Auntie Zsolt Anger como Imre
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Hungría propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Tráiler en Vimeo
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua húngara Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Hungría Categoría:Filmes paranormais Categoría:Filmes sobre enfermidades Categoría:Filmes ambientados no século XX Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial