Constantino Añel González, nado en Reádegos (Vilamarín) cara a 1875 e finado en Ourense en marzo de 1970, foi un comerciante, xornalista e político galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba sendo mozo, e foi representante distribuidor de Bodegas Gallegas. Pertenceu ás directivas das sociedades Progreso de Coles, La Peña Gallega, Beneficencia Gallega e do Centro Gallego de La Habana; fundou as sociedades de instrución Alianza de Villamarin en La Habana e Hijos de Readigos. Impulsou a creación da Caja de Ahorros de los socios del Centro Gallego. Colaborou en Follas Novas.
Retornado a Ourense cara a 1917, foi correspondente de Eco de Galicia en Ourense.Eco de Galicia, 10-5-1925, p. 22. Foi membro da Liga de Amigos, concelleiro de Ourense e primeiro tenente alcalde en 1927; na Segunda República formou parte do comité provincial de Acción Popular e foi fundador da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.
No franquismo foi vicepresidente da Cámara da Propiedade, membro do Orfeón Unión Orensana, da Asociación da Prensa e do Liceo Recreativo. Finou en Ourense a principios de marzo de 1970.El Pueblo Gallego, 3-3-1970, p. 2.
Vida persoal Foi pai de Maruchi e Constantino Añel de la Fuente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Constantino Añel El legado de un indiano
Categoría:Concelleiros de Ourense Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Galegos de Cuba
Categoría:Nados en Vilamarín Categoría:Nados en 1875 Categoría:Finados en 1970