O Diccionario galego de termos médicos (DGTM), é un volume lexicográfico elaborado baixo as directrices da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia e publicado en 2002 pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Participantes Foi dirixido polo doutor Francisco Reyes Oliveros (neurocirurxián e pai de Francisco Reyes Santiás) e mais polo lexicógrafo Constantino García; redactado polos doutores Juan Fernández Garrido, Manuel Ferreirós Sánchez Guisande e Raquel Vaquero Rodrigo; colaboraron na redacción os doutores Fernando Jiménez Herrero, José Luis Puente Domínguez, Manuel Pereiro Míguens, Agustín Sixto Seco e Elías Tovar Martín; a revisión lingüística foi levada a cabo polo Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega: Xesús Domínguez Dono, Ana I. Fachal Fraguela, M. Carme Pazos Balado, Manuela Pérez Rodríguez e Isolina Salgado Basoa; Colaborou na revisión Isabel González Fernández. A primeira edición foi prologada polo Presidente da Xunta e o Conselleiro de Educación.
Finalidade Segundo afirma o Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia no prólogo, a elaboración desta obra foi aprobada por unanimidade en sesión plenaria para cumprir un dos seus deberes e
A pesar de que a Real Academia Galega participou na elaboración, non todos os termos que aparecen no DGTM aparecen no Dicionario da RAG (algúns mesmo aparecen noutros dicionarios de galego pero non no DRAG), nin todos os termos da lingua popular que aparecen no DRAG aparecen no DGTM, xa que teñen fins distintos. En palabras do Presidente da RAMCG, Francisco Reyes,
Como indicou Constantino García, un dos directores da obra, debido á diglosia xerada ao longo dos séculos, a terminoloxía médica en Galicia era un campo que debía ser desenvolvido, sendo para iso necesario ter un bo coñecemento da lingua dos falantes galegos.
Novos avances na terminoloxía médica en galego
Na publicación do DGTM deixaban claro que se trata dun dicionario xeral dos termos máis habituais, e que o labor habería de ser complementado con outras publicacións, por exemplo de dicionarios máis exhaustivos de ámbitos específicos. Desde a primeira edición do dicionario, en 2002, houbo outras achegas ao léxico médico en galego, coma o Vocabulario de Medicina da USC e a incorporación de termos innovadores. No caso da medicina xenómica, legal e forense, Anxo Carracedo incluíu na lingua galega palabras da súa creación, mesmo inexistentes noutras linguas. Na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC cerca do 5% das materias danse en galego, e, xunto coa actividade investigadora, contribúe a ampliar e renovar a terminoloxía médica. Unha das vías que empregan científicos galegos para a ampliación de neoloxismos é fomentar o seu uso no eido da Lusofonía; búscase por tanto a coherencia coas linguas do noso contorno, especialmente co portugués (se os nomes dos enzimas en galego rematan en -ase, como amilase, maltase, lactase, etc. é porque esta é a terminación usada en portugués e algunhas outras linguas).
O TERMIGAL (Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega), é un organismo no que participan a RAG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación a través do Centro Ramón Piñeiro, ofrece un servizo de resolución terminolóxica de dúbidas e continúan o traballo de elaboración e difusión de léxico en diversas especialidades como a bioloxía, bioquímica, farmacoloxía e medicina, por exemplo desenvolvendo vocabulario de temas específicos como a SIDA.
A USC e a RAG tamén seguen a desenvolver vocabulario médico hoxe en día, por exemplo os termos surto e gromo non aparecen no DGTM (naquela altura non eran de uso tan cotiá coma durante a pandemia, e o termo brote non ten acepción epidemiolóxica), e agora están recollidos no banco de datos terminolóxicos da aplicación bUSCatermos do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade. En 2020 publicaron Termos esenciais da COVID-19. Outra das actividades da USC para animar ao uso e difusión dos termos médicos en galego é a tradución e subtitulado de contidos da área sanitaria nas charlas TED-Saúde, desde o 2016.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dicionario da Real Academia Galega Ligazóns externas Diccionario galego de termos médicos Dicionario de dicionarios Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués (2008). Servizo de Normalización Lingüística. Universidade de Santiago de Compostela. Dicionario de termos de Bioloxía da USC - TERMIGAL O nome e o símbolo dos elementos químicos. Seminario de terminoloxía científica da RAG - Centro Ramón Piñeiro O galego na medicina. Recursos para traballar en galego – AGAMFEC
Categoría:Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Categoría:Dicionarios galegos Categoría:Dicionarios en liña Categoría:Obras de medicina