miniatura|Versión instrumental do himno nacional alemán
O himno nacional alemán é oficialmente dende 1991 a terceira estrofa do Lied der Deutschen de August Heinrich Hoffmann von Fallersleben. A melodía é a do himno imperial austríaco de Joseph Haydn.
A Confederación Alemá do Norte, o primeiro verdadeiro Estado alemán unificado, non estableceu un himno nacional aínda que o Heil dir im Siegerkranz, o himno real de Prusia, adoitaba escoitarse en acontecementos relevantes e logo durante o Imperio Alemán pasou a coñecerse como o Kaiserhymne, aínda que nunca foi oficialmente himno nacional do Imperio, senón unha das varias cancións que se adoitaban escoitar en acontecementos oficiais de especial transcendencia, sobre todo de contar coa participación do emperador.
Co establecemento da República de Weimar o Kaiserhymne perdeu o seu sentido como símbolo nacional e en 1922 o presidente Friedrich Ebert proclamou as tres estrofas de Lied der Deutschen como himno nacional. O réxime nazi mantivo a canción pero tras a primeira estrofa interpretábase o himno do partido, o Horst Wessel Lied.
Despois da segunda guerra mundial non se prohibiu o Lied der Deutschen, así e todo na zona de ocupación americana estaba prohibida a súa interpretación pública. Konrad Adenauer, primeiro chanceler da República Federal de Alemaña preconizou pola súa reintrodución; aínda que só cantando a terceira estrofa nos actos federais. O presidente federal Theodor Heuss amosábase reticente pero tras un intercambio epistolar en 1952 co chanceler acabou aceptando e tras a publicación desta correspondencia no Bulletin der Bundesregierung, por consentimento do xefe de Estado con poder para determinar os símbolos nacionais, a canción de Hoffmann-Haydn converteuse en himno nacional pero só se podía cantar a terceira estrofa nos actos federais oficiais. Tras a unificación alemá, un novo intercambio epistolar entre o presidente Richard von Weizsäcker e o chanceler Helmut Kohl en 1991 ratificou que a terceira estrofa era o himno nacional tras a súa publicación no Bulletin der Bundesregierung.
En tanto que símbolo do Estado, o himno nacional está especialmente protexido pola lexislación contra calquera tipo de denigración. Non hai ningún tipo de restrición para interpretar as dúas primeiras estrofas pero, ao non formaren parte do himno nacional, carecen de calquera protección contra da infamación.
Texto e melodía miniatura|Das Lied der Deutschen: Facsímile do manuscrito de Hoffmann von Fallersleben. O orixinal atópase na cidade polaca de Cracovia, na colección de Berlinka Nachlass Hoffmanns
O texto do himno é a terceira estrofa do poema Das Lied der Deutschen que August Heinrich Hoffmann von Fallersleben que escribiu en 1841 en Helgoland. Einigkeit und Recht und Freiheit für das deutsche Vaterland! Danach lasst uns alle streben brüderlich mit Herz und Hand! Einigkeit und Recht und Freiheit sind des Glückes Unterpfand: |: Blüh im Glanze dieses Glückes, blühe, deutsches Vaterland! :|
Unidade, xustiza e maila liberdade para a patria alemá! Designio para esforzarmos todos de vez fraternalmente de corazón e man! Unidade, xustiza e maila liberdade son promesa de felicidade: |: Florea no fulgor desa felicidade, Florea, patria alemá! :|
A melodía procede da canción Gott erhalte Franz, den Kaiser que Joseph Haydn compuxo en 1796/1797 en Viena en homenaxe ao emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico Francisco II (Hob XXVIa:43) e que se converteu posteriormente no himno imperial austríaco.
A frase Einigkeit und Recht und Freiheit atopábanse no bordo das moedas de 2 e 5 marcos e coa chegada do euro atópase nas moedas alemás de 2 euros. Segundo o xermanista austríaco Paul Portmann-Tselikas teñen carácter de "lema oficial de Alemaña“.Paul Portmann-Tselikas: Kontexte, diskursive Strategien und blinde Flecken. In: Peter Ebenbauer, Christian Wessely, Reinhold Esterbaue (ed.): Religiöse Appelle und Parolen. Interdisziplinäre Analysen zu einer neuen Sprachform. Kohlhammer, Stuttgart 2008, p. 84.
Historia miniatura|Partitura do Kaiserhymn de Hayden Precedentes Pódese considerar a máis antiga canción con carácter de himno popular en todo o espazo de lingua alemá o Prinz Eugen, der edle Ritter, composta con motivo da vitoria do príncipe Uxío de Savoia sobre os otománs en 1717. Unha patria alemá que abranguería todos os territorios de fala alemá pedía Was ist des Deutschen Vaterland? composta antes da batalla de Leipzig en 1813 por Ernst Moritz Arndt. Compostas como reacción á crise do Rin de 1840 popularizáronse Rheinlied de Nikolaus Becker e Die Wacht am Rhein de Max Schneckenburger. Dende 1871 no Imperio Alemán o himno real prusiano Heil dir im Siegerkranz funcionaba tamén como himno imperial. A súa melodía, derivada da que utiliza o himno nacional británico God Save the Queen tamén é a que empregan ou empregaron himnos doutros países.
Así e todo, non se designou a ningunha destas cancións como himno nacional; en actos protocolarios oficiais adoitábase tocar o himno imperial; pero durante os actos oficiais de entrega de Helgoland o 10 de agosto de 1890 tamén se interpretou a canción de Hoffmann, escrita na illa. Nos anos seguintes fíxose cada volta máis habitual a súa interpretación en conmemoracións e actos oficiais e ao inicio do século XX considerábase como un himno nacional, pola súa popularidade en toda Alemaña. Tamén se viu favorecida pola utilización con fins propagandísticos das cancións patrióticas durante a primeira guerra mundial.
Hoffmann En xuño de 1841, pouco antes de escribir Das Lied der Deutschen, Hoffmann publicara en Unpolitischen Liedern o poema "Eins und Alles"
Deutschland erst in sich vereint! Auf! wir wollen uns verbinden, Und wir können jeden Feind Treuverbunden überwinden.
Alemaña só unida de seu! Xaora! unirmos arelamos, e podermos os inimigos todos, fielmente vencellados, vencer. A unidade da terceira estrofa viuse, posiblemente, influída polas palabras do moribundo Attinghausen no Wilhelm Tell de Schiller: "Seid einig – einig – einig" ("estade unidos-unidos-unidos") e mais polo poema de Seume "An das deutsche Volk" ("Xenreira e separación imperan nas nosas tribos, só unidade ha frear a ruína).
Entreguerras miniatura|Canto do himno nacional nunha celebración constitucional na embaixada alemá en Bangkok en 1928
Coa caída da monarquía en 1918 o Kaiserhymne deixou de se interpretar nos actos formais e oficiais. A procura dun himno para o novo réxime foi lenta. Propostas como a do presidente da Asemblea Nacional, Constantin Fehrenbach, do ministro de defensa, Otto Gessler ou a do ministro do interior, Erich Koch-Weser ignoráronse. Unha solicitude no verán e 1920 da embaixada británica, a petición do ministro de exteriores George Curzon, reactivou politicamente a cuestión do himno.
Pero aínda habían pasar dous anos para adoptar un himno, diversos enredos diplomáticos e as reticencias do SPD, o principal partido do réxime de Weimar, á elección do himno de Hoffmann. Non obstante, o asasinato do ministro de exteriores, Walther Rathenau fixo que o ministro do interior o socialdemócrata Adolf Köster, por consello de Arnold Brecht, buscara unha solución rápida para o adopción do himno de Hoffmann, na esperanza de atraer á república á dereita moderada.
As moedas de aluminio de 200 e 500 marcos cuñadas en 1923 e que se puxeron en circulación como moedas de inflación levaban no reverso a Reichsadler (aguia imperial) coa inscrición Einigkeit und Recht und Freiheit. A moeda de cinco Reichsmark de prata que se emitiu entre 1927 e 1933 amosaba unha árbore coa mesma inscrición.
No Estado nacionalsocialista só se cantaba a primeira estrofa seguida por Horst-Wessel-Lied, a canción do partido.
Posguerra República Federal miniatura|"Einigkeit und Recht und Freiheit“ nun selo de correos de 1957 miniatura|Placa conmemorativa en Biedenkopf/Lahn Despois da capitulación alemá de maio de 1945, o Consello de Control Aliado prohibiu o uso de formas de saúdo con características nazis ou militares Kontrollratsgesetz Nr. 8 do 30 de novembro de 1945, Amtsblatt des Kontrollrats 1945, Nr. 2, páx. 33. e unha lei do goberno militar americanoGesetz Nr. 154 der amerikanischen Militärregierung über „Ausschaltung und Verbot militärischer Ausbildung“, Amtsblatt der Militärregierung Deutschland, Amerikanisches Kontrollgebiet, 1945, páx. 52. que non prohibía na zona americana o Lied der Deutschen pero si a súa interpretación pública. Nas zonas francesa e británica non houbo tal prohibiciónG. Clemens: Britische Kulturpolitik in Deutschland 1945–1949. Stuttgart 1997, páxinas 143, 144., tan só unha ordenanza do goberno militar do 15 de setembro de 1945 prohibía simplemente a interpretación pública de cancións e melodías nazis ou militaresArt. II Ziff. 2 lit. d) der Verordnung Nr. 8 do 1 de setembro de 1945, Amtsblatt der Militärregierung Deutschland, Britisches Kontrollgebiet 1945, páx. 7.. A Alta Comisión Aliada levantou todas estas prohibicións despois do establecemento en 1949 da República FederalGesetz Nr. 16 do 16 de decembro de 1949, Amtsblatt der Alliierten Hohen Kommission in Deutschland 1949, Nº 7..
No artigo 22 da Lei fundamental da República Federal de Alemaña consagrouse a bandeira negra, vermella e amarela como símbolo nacional da República Federal pero non se estableceu ningunha disposición legal sobre o himno nacional, mesmo axiña da promulgación da Lei fundamental os integrantes do Consello Parlamentario, a asemblea constituínte, cantaron Ich hab' mich ergeben de Hans Ferdinand Massmann e noutros actos oficiais empregouse a primeira estrofa do An die Freude de Schillers co cuarto movemento da novena sinfonía de Beethoven. Malia o presidente federal Theodor Heuss desexar a oficialización do Hymne an Deutschland de Rudolf Alexander Schröder con música de Hermann Reutter nunca se implementouSven Felix Kellerhoff: Warum „Theos Nachtlied“ Deutschland erspart blieb. In: Welt Online, 31 de decembro de 2020..
Emporiso, por protocolo diplomático facíase necesario oficializar un himno. O chanceler Konrad Adenauer considerou vergoñenta a interpretación nun partido internacional entre Bélxica e Alemaña despois do himno belga do éxito humorístico de carnaval Wir sind die Eingeborenen von Trizonesien e en 1953 nunha visita oficial a Alemaña ao chaceler recibírono con outra canción carnavalesca Heidewitzka, Herr KapitänDeutschland sucht die Superhymne, einestages, 19 de agosto de 2011.. En abril de 1950 na súa primeira visita oficial a Berlín Adenauer pediulle ao público presente no palacio Titania que cantase a terceira estrofa do Lied der Deutschen, previamente colocáranse follas do texto nos asentos, o que causou un escándalo pois mentres a maioría do público ergueuse para cantar, os tres integrantes da kommandatura permaneceron sentados Henning Köhler: Adenauer – Eine politische Biographie. Propyläen, Berlin 1994, páx. 582. e os políticos presentes do SPD abandonaron o lugar, agás o alcalde de Berlín Occidental, Ernst Reuter. Algúns políticos socialdemócratas falaron mesmo dun coup de mainGeorg Ismar: Adenauers Hymnen-Handstreich. In: Frankfurter Rundschau. 15 de maio de 2009.. Con todo o líder socialdemócrata comentou positivamente a elección do Lied der Deutschen como himno. Mentres, a reacción no estranxeiro foi negativa, o Foreign Office e mais o ministerio de exteriores francés falaron de falta de tacto e mal gusto e un xornal francés cualificou o canto como un indicio da persistencia do sentimento nacionalista. Adenauer xustificouno máis tarde diante os altos comisionados e afirmou que so os nazis estaba prohibido cantar a terceira estrofaFrank-Lothar Kroll, Manfred Nebelin (ed.): Akten zur Auswärtigen Politik der Bundesrepublik Deutschland. Adenauer und die Hohen Kommissare 1949–1951. Oldenbourg, München 1989, páx. 199.