Georg Alexander Pick nado en Viena o 10 de agosto de 1859 e finado o 26 de xullo de 1942 foi un matemático de orixe xudía.http://www-history.mcs.st-and.ac.uk/Biographies/Pick.html Morreu durante a segunda guerra mundial no campo de concentración de Theresienstadt, onde fora internado tras a invasión alemá.

É coñecido polo Teorema de Pick, unha elegante fórmula matemática que permite determinar a área de polígonos cuxos vértices están nos puntos dunha cuadrícula regular. Publicado nun artigo en 1899, popularizouse cando Hugo Steinhaus o incluíu na edición de 1969 de Mathematical Snapshots.

Traxectoria Pick naceu no seo dunha familia xudía, fillo de Josefa Schleisinger e Adolf Josef Pick, quen dirixía un instituto privado. Até que fixo once anos, Georg foi educado no fogar. Estudou na Universidade de Viena e defendeu a súa tese doutoral en 1880 baixo a dirección de Leo Königsberger e de Emil Weyr. Despois de obter o seu doutoramento, foi nomeado asistente de Ernst Mach na Universidade Carolina de Praga, onde se converteu en docente en 1881. Despediuse da universidade en 1884, pasando a traballar con Felix Klein na Universidade de Leipzig. Salvo ese ano, permaneceu en Praga até o seu retiro en 1927, cando regresou a Viena.

Pick encabezou o comité na (entón) Universidade Carolina, que designou a Albert Einstein presidente de física matemática en 1911. Mostrou a Einstein o traballo dos matemáticos italianos Gregorio Ricci-Curbastro e Tullio Levi-Civita no campo do cálculo diferencial absoluto, que máis tarde en 1915 o axudou a formular con éxito a relatividade xeral. Pick, que tamén era violinista e tocaba nun cuarteto de corda de profesores universitarios, mantivo con Einstein unha relación de amizade e introduciuno nos círculos musicais de Viena.

Charles Loewner foi un dos seus alumnos en Praga. Tamén dirixiu as teses doutorais de Josef Grünwald, Walter Fröhlich e Saly Struik. Despois de retirarse en 1927, regresou a Viena, a cidade onde naceu. Tras o Anschluss, cando os nazis marcharon sobre Austria o 12 de marzo de 1938, Pick regresou a Praga. Foi expulsado da Academia Checa de Ciencias e Artes tras o pacto de Múnic que levou á ocupación alemá de Checoslovaquia en 1939. Enviado ao campo de concentración de Theresienstadt o 13 de xullo de 1942, morreu alí dúas semanas despois.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Teorema de Pick Interpolación de Nevanlinna-Pick Matriz de Pick

Categoría:Nados en Viena Categoría:Matemáticos de Austria Categoría:Holocausto Categoría:Profesores da Universidade Carolina de Praga Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en 1859 Categoría:Alumnos da Universidade de Viena