Vernon Bellecourt, nado nado na reserva india de White Earth o 17 de outubro de 1931, e finado en Minneapolis o 13 de outubro de 2007, foi un activista indíxena estadounidense dos dereitos civís dos pobos indíxenas. Membro do pobo ojibwa, foi un dos máis recoñecidos membros fundadores do American Indian Movement (AIM), xunto con Dennis Banks e o seu irmán Clyde Bellecourt. O seu nome ojibwa é WaBun-Inini, que quere dicir "Home do amencer".
Participou na marcha dos tratados de 1972, na ocupación de Wounded Knee en 1973 e nas protestas contra a superbowl en Washington D.C. do ano 1992. Foi encarcerado por lanzar sangue á embaixada de Guatemala e foi escollido como membro do consello tribal da reserva de White Earth.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Finados por pneumonía Categoría:Indixenistas de América Categoría:Activistas nativos americanos Categoría:Pobo ojibwa Categoría:Membros do American Indian Movement