Jakub (ou Jakob) Schikaneder, nado o 27 de febreiro de 1855 en Praga e finado o 15 de novembro de 1924 na mesma cidade, foi un pintor bohemio (imperio austro-húngaro).

Biografía Schikaneder procedía da familia dun empregado de aduana alemán. A pesar da pobre formación familiar, puido continuar os seus estudos, grazas en parte ao amor da súa familia pola arte; un antepasado foi Urban Schikaneder, o irmán máis vello do libretista de A frauta máxica Emanuel Schikaneder. Despois de completar os seus estudos en Praga e Múnic (1871–1879), Schikaneder, xunto a Emanuel Krescenc Liška, participou no amoblamento do palco real do Teatro Nacional de Praga; porén, esta obra perdeuse nun incendio en 1881. Despois do seu traballo no Teatro Nacional, Schikaneder viaxou por Europa, visitando Alemaña, Inglaterra, Escocia, Holanda, Suíza, Italia e Francia. Desde 1891 até 1923 ensinou na Facultade de Arte de Praga. Schikaneder contouse entre os que admiraban a Escola de Múnic de finais do século XIX.

Morreu en 1924 e foi enterrado no cemiterio de Vinohrady en Praga. Vinohrady Cemeteries , MyCzechRepublic.com, consultado o 20 de novembro de 2013

Traballo Schikaneder é coñecido polas súas pinturas suaves do aire libre, con personaxes que adoitan ser xente pobre e marxinada. Outros motivos favorecidos por Schikaneder foron o outono e o inverno, os recunchos e as rúas da cidade de Praga e as ribeiras do Moldava, moitas veces á luz do anoitecer ou cubertos de néboa. A súa primeira obra coñecida foi o cadro monumental O arrepentimento dos lolardos (2,5 m × 4 m, perdido). A National Gallery de Praga realizou unha exposición das súas pinturas en 1998 e 1999.

Escolma de obras

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Tomáš Vlček [cs]: Schikaneder: Jakub Schikaneder, Prague painter of the turn of the century ("Guía temática da exposición na National Gallery en Praga, Collection of Old Masters, Wallenstein Riding School en Praga, 15 de maio de 1998 a 10 de xaneiro de 1999"). Praga: Galería Nacional, 1998.

Ligazóns externas (fr) Radio Praga - extensa biografía Exposición na Galería Moravia de Brno

Categoría:Finados en 1924 Categoría:Nados en 1855 Categoría:Pintores de Austria Categoría:Pintores da República Checa Categoría:Romanticismo