Os bostríquidos (Bostrichidae) son unha familia de escaravellos con máis de 700 especies descritas. Na maioría deles a cabeza non se pode ver desde arriba, xa que está dirixida cara a abaixo e agochada baixo o tórax. Excepcións son os da subfamilia Lyctinae (ás veces tratada como familia separada) e membros da subfamilia Psoinae. A familia contén especies que atacan a madeira (trazas ou couzas).
Bostrychoplites cornutus ten uns cornos torácicos distintivos e encóntrase en partes de África e Arabia; a miúdo é importado sen querer a Europa como larvas en cuncas de madeira africanas traídas como "souvenirs étnicos".
O rexistro fósil da familia esténdese desde o Cretáceo, e os rexistros máis antigos son do Cenomaniano atopados en ámbar da Charente e de Myanmar, pertencentes ao xénero hoxe existente Stephanopachys e das subfamilias existentes Dinoderinae e Polycaoninae.
Exemplos de especies esquerda|miniatura|Dinoderus brevis Algúns exemplos de especies son:
Amphicerus cornutus (Pallas, 1772) Apate terebrans (Pallas, 1772) Prostephanus truncatus (Horn, 1878) Dinoderus minutus (Fabricius) Lyctus brunneus (Stephens) Rhyzopertha dominica (Fabricius) Sinoxylon anale (Lesne) Xylopsocus gibbicollis (Macleay) Bostrichus capucinus Bostrychoplites cornutus (Olivier, 1790) Stephanopachys substriatus Trogoxylon parallelopipedum Lyctus cavicollis Lyctus linearis (Goeze, 1877) Lyctus planicollis Lyctus sinensis
Especie fósil thumb|Larva de Heterobostrychus aequalis larva Discoclavata dominicana†Poinar Jr, 2013
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Lucid - Folla de datos Heterobostrychus aequalis, an oriental wood borer na UF / no sitio web do IFAS Featured Creatures Lyctus planicollis, southern lyctus beetle no UF / no sitio web do IFAS Featured Creatures Xylopsocus capucinus, a false powderpost beetle no UF / no sitio web do IFAS Featured Creatures
Categoría:Bostrichiformia