TabletSat-Aurora é un satélite ruso lanzado a bordo dun foguete Dnepr desde Dombarovskii o 19 de xuño de 2014.
Características TabletSat-Aurora foi deseñado e construído pola compañía rusa SPUTNIX como demostrador tecnolóxico e para observación terrestre. O satélite utiliza o bus TabletSat-2U-EO, coas seguintes características:
Estabilización nos tres eixos mediante volantes de inercia, xiroscopios, sensores solares e estelares, un magnetómetro e un sensor de velocidade de xiro. Navegación mediante GPS. Módulo de comunicación e telemetría mediante UHF. Sistema de transmisión en banda X. Baterías de litio como parte do sistema de enerxía. paneis solars experimentais de arseniuro de galio.
O satélite leva a bordo unha cámara pancromática capaz de obter fotos e vídeo na banda espectral entre 430 e 950 nm, cunha resolución de 15 m.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dnepr (foguete)
Categoría:Satélites artificiais