A Real Forza Aérea de Australia (RAAF) é a principal forza aérea e espacial de Australia. Forma parte da Forza de Defensa de Australia (ADF) xunto coa Armada Real de Australia e o Exército de Australia. Constitucionalmente, o Gobernador Xeral de Australia é o Comandante en Xefe de jure da Forza de Defensa de Australia. A Real Forza Aérea de Australia está comandada polo Xefe da Forza Aérea (CAF), que está subordinado ao Xefe da Forza de Defensa (CDF). O CAF tamén responde directamente ao Ministro de Defensa, administrando o Departamento de Defensa a ADF e a Forza Aérea.

Formouse en marzo de 1921 como Forza Aérea de Australia a través da separación do Corpo Aéreo de Australia do Exército en xaneiro de 1920, que á súa vez fusionou os servizos aéreos do Exército e da Armada. Continúa as tradicións do Corpo Aéreo de Australia (AFC), o corpo aéreo do Exército que loitou na primeira guerra mundial e que naceu o 22 de outubro de 1912.

Durante a súa historia a Real Forza Aérea de Australia loitou en varios grandes conflitos, como a segunda guerra mundial en Europa e no Pacífico, participou na ponte aérea de Berlín, na guerra de Corea, na Emerxencia malaia, na confrontación indonesio-malaia, na guerra de Vietnam, e máis recentemente en operacións en Timor Leste, na guerra de Iraq, e na guerra de Afganistán.

Opera a meirande parte das aeronaves de á fixado ADF, aínda que tanto o Exército como a Armada tamén operan aeronaves en varios roles. A RAAF proporciona apoio a través dun espectro de operacións tales como a superioridade aérea, ataques de precisión, intelixencia, recoñecemento e vixilancia, mobilidade aérea, vixilancia espacial, e apoio humanitario. A RAAF ten 282 aeronaves, das cales 109 son avións de combate.

Historia

Formación A RAAF ten a súa orixe na Conferencia Imperial de 1911 celebrada en Londres, onde se decidiu que debería desenvolverse a aviación dentro das forzas armadas do Imperio Británico. Australia implementou esa decisión, sendo o primeiro dominio en facelo, aprobando a creación do "Australian Aviation Corps". Este consistía inicialmente na Escola Central de Voo de Point Cook, Victoria, inaugurada o 22 de outubro de 1912. En 1914 o corpo era coñecido como "Australian Flying Corps".

Primeira guerra mundial Pouco despois do estoupido da guerra en 1914, o Australian Flying Corps enviou aeronaves para axudar a capturar colonias alemás no que hoxe é o nordés de Nova Guinea. Porén, esas colonias rendéronse rapidamente, antes de que os avións fosen desempaquetados. Os primeiros voos operacionais non chegarían ata o 27 de maio de 1915, cando a Media Escuadrilla de Mesopotamia foi chamada para axudar ao Exército da India para proporcionar apoio aéreo durante a Campaña de Mesopotamia contra o Imperio Otomán, no que agora é Iraq.Dennis et al. 2008, pp. 61-62

O corpo combateu posteriormente en Exipto, Palestina e na fronte occidental durante o resto do conflito. Ao final da guerra catro escuadróns (Nos. 1, 2, 3 e 4) entraran en combate, mentres que outros catro escuadróns de adestramento (Nos. 5, 6, 7 e 8) foran tamén creados. Un total de 460 oficiais e 2 234 soldados con outros rangos servían na AFC, mentres que outros 200 homes servían como tripulantes nos servizos aéreos británicos.Grey 1999, pp. 114-115 Entre as baixas durante a guerra houbo 175 mortos, 111 feridos, 6 gaseados e 40 capturados.Beaumont 2001, p. 214

Período de entreguerras O Australian Flying Corps seguiu sendo parte do Exército ata 1919, cando se disolveu xunto coa Primeira Forza Imperial Australiana (AIF). Aínda que Escola Central de Voo continuou operando en Point Cook, os voos militares cesaron virtualmente ata 1920, cando se formou cmo unha unidade do Exército o interino Australian Air Corps (AAC), cunha rama do Exército e outra da Armada. O AAC foi sucedido pola Forza Aérea de Australia, formada o 31 de marzo de 1921. O rei Xurxo V aprobou o prefixo "Real" en maio de 1921, volvéndose efectivo o 13 de agosto de 1921. A RAAF converteuse entón na segunda forza aérea Real formada na Commonwealth, tras a Royal Air Force británica. Cando naceu,a RAAF tiña máis aeronaves que persoal, con 21 oficiais e 128 homes doutros rangos e 153 avións.

Como os construtores aeronáuticos británicos da época non podían cumprir cos requirimentos australianos, ademais das demandas de produción británicas, o goberno australiano estableceu a Commonwealth Aircraft Corporation en 1936 e mercou algúns avións aos Estados Unidos.Spencer 2020, pp. 206-207

Segunda guerra mundial

Europa e o Mediterráneo miniatura|240x240px|CAC Boomerang da RAAF en 1944 En setembro de 1939 a Xunta Aérea Australiana controlaba directamente a Forza Aérea a través das bases: RAAF Station Laverton, RAAF Station Richmond, RAAF Station Pearce, No. 1 Flying Training School RAAF en Point Cook, RAAF Station Rathmines e outras cinco unidades máis pequenas.

Xunto antes do estoupido da segunda guerra mundial, Australia uniuse ao Empire Air Training Scheme, a través do cal as tripulacións recibían adestramento básico en Australia antes de viaxar ao Canadá para recibir adestramento avanzado. Un total de 17 escuadróns da RAAF, de bombardeo, caza, recoñecemento e outros, serviron inicialmente nas Illas Británicas e coa Forza Aérea do Deserto no Norte de África e no Mediterráneo. Milleiros de australianos tamén serviron noutras forzas aéreas da Commonwealth en Europa durante o conflito.Barnes 2000, p. 3 Un 9% do persoal que serviu na RAF británica en Europa e no Mediterráneo era persoal da RAAF.

Como os fabricantes británicos estaban no punto de mira da Luftwaffe alemá, en 1941 o goberno australiano creou o Departamento de Produción de Aeronaves (DAP) para subministrar avións ás forzas aéreas da Commonwealth,Dennis et al. 2008, p. 277 e a RAAF finalmente fíxose cunha gran cantidade de versións de avións británicos construídas localmente, como o torpedeiro DAP Beaufort, o Beaufighter e o Mosquito, así como outros tipos como os Wirraway, Boomerang, e Mustang.

No teatro europeo o persoal da RAAF destacou no Mando de Bombardeo da RAF: aínda que só representaban o 2 % de todos os australianos alistados durante a guerra, representaron case o 20% dos mortos en acción.

Pacífico miniatura|Brewster Buffalo da RAAF en Singapur O inicio da guerra no Pacífico e o rápido avance xaponés ameazaron o territorio australiano por primeira vez na súa historia. A RAAF non estaba o suficientemente preparada para a situación, e inicialmente tiña forzas insignificantes dispoñibles para servir no Pacífico. En 1941 e principios de 1942, moitos tripulantes da RAAF, incluídos os dos escuadróns 1, 8, 21 e 453, combateron no Comando do Afastado Oriente da RAF nas campañas de Malaisia, Singapur e das Indias Orientais Neerlandesas. Equipados con avións como o Brewster Buffalo e o Lockheed Hudson, os escuadróns australianos tiveron grandes perdas contra os Zero xaponeses.Armstrong, p. 44

Durante a batalla de Rabaul a principios de 1942, o escuadrón 24 da RAAF loitou brevemente, defendéndose de forma inútil, cando os xaponeses se dirixían cara ao sur, cara a Australia.Armstrong, p. 45 Os devastadores ataques aéreos en Darwin o 19 de febreiro de 1942 incrementaron as preocupacións sobre a ameaza directa á que se enfrontaba Australia. Como resposta, algúns escuadróns da RAAF foron transferidos do hemisferio norte, aínda que un número considerable deles permaneceu alí ata o final da guerra. A escaseza de cazas e avións de ataque ao chan levou á compra de Curtiss P-40 Kittyhawks estadounidenses, e ao rápido deseño e fabricación do primeiro caza australiano, o CAC Boomerang. Os Kittyhawk da RAAF xogaron un papel crucial nas campañas de Nova Guinea e das Illas Salomón, especialmente en operacións como a batalla de Milne Bay. Como resposta a unha posible guerra química por parte do Xapón, a RAAF importou milleiros de armas químicas.

Na batalla do Mar de Bismarck, os Bristol Beaufighters importados demostraron se avións de ataque, tanto en terra como en mar, moi efectivos. Os Beaufighter fabricáronse posteriormente localmente por DAP a partir de 1944.Dennis et al. 2008, p. 81 Aínda que era bastante máis grande que os cazas xaponeses, o Beaufighter era máis rápido e podía deixalos atrás.Taylor and Taylor 1978, p. 48 A RAAF operou varios Consolidated PBY Catalina como bombardeiros de longo alcance e exploradores. A forza de bombardeiros pesados da RAAF estaba formada principalmente por 287 B-24 Liberator, que equipaban sete escuadróns, os cales podían bombardear obxectivos xaponeses en Borneo e Filipinas dende os aeródromos de Australia e Nova Guinea. A finais de 1945 a RAAF ordenou uns 500 P-51 Mustang para roles de caza e ataque. A Commonwealth Aircraft Corporation inicialmente montou Mustangs feitos nos Estados Unidos, pero despois fabricounos.

A mediados de 1945 a principal formación operativa da RAAF no Pacífico, a Primeira Forza Aérea Táctica (1st TAF), estaba formada por 21 000 persoas, mentres que toda a RAAF como conxunto estaba formada por uns 50 escuadróns e 6 000 avións, dos cales máis de 3 000 estaban operativos.Sandler 2001, pp. 21-22 As derradeiras campañas da 1st TAF loitáronse para apoiar ás forzas terrestres de Australia en Borneo,Sandler 2001, p. 22 pero de ter continuado a guerra algún do seu persoal e equipo probablemente sería usado para a invasión do Xapón, xunto con algúns dos escuadróns de bombardeo en Europa, que estaban sendo agrupados con escuadróns británicos e canadenses como parte da proposta Tiger Force. Porén, a guerra rematou de súpeto tras as bombas atómicas estadounidenses sobre Xapón. As baixas da RAAF no Pacífico foron duns 2 000 mortos, feridos ou capturados.Sandler 2001, p. 22

Cando rematou a guerra, un total de of 216 900 homes e mulleres serviran na RAAF, dos cales 10 562 morreron en acción. Durante o conflito formáronse un total de 76 escuadróns.Eather 1995, p. 18 Con máis de 152 000 homes operando case 6 000 avións, era a cuarta forza aérea máis grande do mundo.Eather 1996, p. xv

Guerra fría

Posguerra miniatura|240x240px|Gloster Meteor durante a guerra de Corea Durante a ponte aérea de Berlín, en 1948-49, o RAAF Squadron Berlin Air Lift axudou no esforzo internacional para levar subministracións por aire á cidade con dous Avro York da RAF tripulados por persoal australiano. Aínda que só foi unha pequena parte da operación, a contribución da RAAF foi significativa, realizando 2 062 saídas e transportando 7 030 toneladas de carga e 6 964 pasaxeiros.Eather 1996, p. 38

Na guerra de Corea, de 1950 e 1953, os North American Mustang do No. 77 Squadron RAAF, estacionados no Xapón coa British Commonwealth Occupation Force, estiveron entre os primeiros avións da ONU en ser despregados, realizando misións de apioo a terra, patrullas de combate aéreo e de escolta. Cando os avións da ONU enfrontáronse cos cazas Mikoyan-Gurevich MiG-15 de Corea do Norte, o 77 Sqn mercou Gloster Meteors, aínda que os MiGs seguiron sendo superiores e os Meteors quedaron relegado a misións de apoio a terra a medida que os coreanos gañaban experiencia. A forza aérea tamén operou avións de transporte durante o conflito. O No. 77 Squadron realizou 18 872 saídas, reclamando a destrución de 3 700 edificios, 1 408 vehículos, 16 pontes, 98 vagóns de ferrocarril e un número descoñecido de persoal inimigo. A RAAF derrubou tres MiG-15 confirmados, e probablemente destruíu dous máis. As baixas da RAAF foron de 41 mortos e 7 capturados, perdendo 66 avións (22 Mustangs e 44 Meteors).Eather 1996, p. 162