dereita|miniatura| Mocasíns no Museo Británico O mocasín é un zapato baixo, flexible e lixeiro , con ou sen cordón, feito de pel ou coiro que historicamente constituía o calzado tradicional de boa parte dos pobos amerindios de América do Norte e que adoptaron moitos dos cazadores, comerciantes e colonos europeos que se estableceron nesa rexión.
Etimoloxía e nomes tradicionais Mocasín deriva do algonquino, e así na maioría das linguas dese grupo empréganse formas semellantes: linguas algonquinas: protoalgonquino — maxkeseniRandom House Dictionary. — Random House, Inc., 2014.; powhatan — mäkäsĭnAmerican Heritage. Dictionary of the English Language. — Houghton Mifflin Harcourt Publishing Company, 2010.; pobos algonquinos da costa atlántica central — mockasinOnline Etymology Dictionary .; pobos algonquinos do sur de Nova Inglaterra — makkusin; munsee e unami — mahkusin, lënhàksënLenape Talking Dictionary .; narragansett — mokussinWebster’s New World College Dictionary. — Cleveland, Ohio: Wiley Publishing, Inc., 2010.; massachusett — mohkisson; micmac — m’kusinHarper D. Online Etymology Dictionary. — 2010.; chippewa — makisin; ojibwa — makizinanCanadian Museum of History.; cree — maskisin(a), pakaykin pakissinnah; siksiká — niitsitsikin; cheyenne —ôxa'ôhévo’kêhanôtse, ôxa'ôhévo'êhanôtse; atsina — bi-da-onna. Outras linguas da rexión empregan formas ben diferentes: Linguas iroquesas: seneca — ah-tä-quä-o-weh Морган Л. Г. Лига ходеносауни, или ирокезов / Пер. с англ. — М.: Глав. ред. восточной лит-ры изд-ва «Наука», 1983. — pp. 139, 141, 189.; oneida — ahtaˀu·wé, ahtaˀu·(wé)Oneida Language.; turscarora — oo-chee-Koh-reh The Tuscarora Language.; cherokee — tsutsawodi (dilasulo), utsawodi (dilasulo) plural / utsuwodi (alasulo), singularCherokee-English Dictionary Online Database.Cherokee Word of the Week: Moccasin. Linguas síux: síux — hán-paDakota Vocabulary // Curtis E. S. The North American Indian. — p. 155.; dakota — hanpikceka, haŋ'-paRiggs, S. R. A Dakota-English dictionary. — St. Paul: Minnesota Historical Society Press, 1890. — p. 124., caŋhaŋpa Williamson J. P. An English-Dakota school dictionary: Wasicun qa Dakota ieska wowapi. — Yankton Agency, D. T., Japi Oaye press, 1886. — p. 121.;lakota — hanbikceka [haNbʔikc^eka]Константин Е. (Wiolowan). Лакота-русский словарь. — 1999 ., hanpa ksupi( haN’pa — calzado; wizi-haNpa — mocasín feito de refugallos de tipis vellos); dakota e assiniboine — habe; crow — huuptaheele; mandan — whoba xknockbe; catawba — w-teCatawba Language.. Linguas atapascanas: tsuutʼina — ka tii. Linguas muskogees: choctaw — shulush School of Choctaw Language..
A palabra chegou a Europa, concretamente a Francia, a primeiros do século XVII procedente do Quebec baixo a forma de mekezen vía o algonquino canadense makizin. Aínda que se mantivo o seu uso en francés, non era unha palabra de uso xeral e no século XIX popularizouse a través do inglés moccasin que procedía tamén do algonguino, mais doutro dialecto, mocksain.
Historia miniatura|Especie de mocasín do calcolítico que se atopou en Armenia de máis de 5 500 anos de antigüidade En 1940 atopouse en Spirit Cape en Nevada, un home parcialmente momificado, e calzaba mocasíns de coiro; nun primeiro momento estimouse a súa antigüidade en 1500 ou 2000 anos. Novas investigacións déronlle unha antigüidade de 9 400 anos. Os mocasíns son de sola branda con tres pezas con dobras na punteira preto da empeña e na boca cosíase o enrolamento do nocello, só se utilizaron fibras vexetais e encaixes. Tamén se empregaron insercións de tea feitas de tule.
Aínda que fóra da área xeográfica de expansión do mocasín tamén se atopou nunha cova da rexión de Vayots Dzor, en Armenia, non moi lonxe da fronteira actual con Irán e Turquía AFP, « Découverte d'une chaussure de 5.500 ans, la plus vieille connue au monde » sur Le Parisien, 10 de xuño de 2010 unha especie de mocasín dunha antigüidade de máis de 5 500 anos.
En 1968 en Hogup Cave en Utah descubriuse un achado posterior, un total de 23 mocasíns datados no ano 420 d. C. e pertencentes a tres estilos: Fremont, xarrete e Hogup. Os mocasíns Fremont presentan un corte diagonal inusitado feito de pata de cervo (ou antílope) cosidas e deixábanlle rudimentarias gadoupas, unha especie de esporón, que servían de punteiros na sola. Os mocasíns tipo xarrete facíanse a partir da pel de bisonte, quitándolle o xarrete do animal cinguindo a pata en dous puntos e retirando a pel en forma de tubo, especialmente cortados para que o ángulo natural en forma de L da pel servise como calcañar do mocasín. Os mocasíns calsificados como Hogup realizábanse a partir dunha única peza de pel que se dobra sobre o pé e que se cose na punta das dedas e engadíase unha sola exterior separada da peza básica e cosíase unha cobertura arredor do nocello para darlle unha aparencia semellante a unha bota. Outros achados en lugares cubertos de xeo no Yukón e un mocasín nunha cova de Colorado tamén se datan na mesma época.
A primeiros da década de 1930 descubriuse un tesouro de 800 anos de antigüidade con máis de 250 mocasíns nunha cova en Promontory Point, un cabo do Gran Lago Salgado, situados cronoloxicamente entre a cultura prehistórica Fremont e a histórica dos shoshone. Os achados van dende o ano 1100 ou 1150 ata o 1600 porén a maioría sitúanse no ano 1275. Os calzados son de estilo "punteiro engurrado", máis tarde característico das tribos da costa noroeste, tlingit e tsimshians, e distínguense por unha insersión ampla pero curta; algúns parecen mocasíns con costuras laterais, e tamén hai zapatos, que consisten só na parte inferior, que se xunta no pé mediante unha tira enfiada en moitos orificios. O material que se empregou era pel de bisontes, pero tamén de cérvidos, alces, antílopes américanos e osos. Cosíanse con veas e fibras vexetais, con puntos moi grandes e hai vestixios de numerosas reparacións. Moitos mocasíns teñen soletas feitas con casca de cimbro moída e algúns teñen flocos e restos de bordados de pugas de porco espiño [.
Tipos O mocasín é un zapato cunha sola suave, feito de coiro sen curtir ou curtido ao xeito amerindio. Hai múltiples estilos de mocasíns segundo os diversos pobos que os elaboran, tanto tendo en conta o propio patrón como os adobios que levan. No modelo máis coñecido, a sola chega aos bordos e por riba das dedas, onde se une, mediante unha costura pregada, a unha peza en forma de U na parte superior do pé.
Mocasíns de sola branda dereita|miniatura| Mocasín de sola branda Nas zonas boscosas e ao primeiro nas Grandes Planicies os mocasíns facíanse por completo de coiro sen curtir de veado e sen a superficie frontal. A pel orientábase co bakhtarma cara ao interior. Os patróns e en consecuencia os produtos que elaboraban as diferentes tribos diferían en deseño, pequenos detalles e ornamentación. Non obstante, as tribos podía tamén usar diferentes tipos de mocasíns ao cambiar as preferencias co tempo e ademais cada par de mocasíns adoitaba ter características únicas.
Con frecuencia os mocasíns cortábanse dunha única peza de material. A versión máis antiga e a máis sinxela levaba unha costura vertical formando dobras no medio da parte elevada Tamén contan cunha segunda costura na parte posterior. Os mocasíns dos salish, nuu-chah-nulth, cherokees, semínoles, alabamas e muskogee deste estilo, coñecidos como mocasíns de pantano, uníanse principalmente con correas de coiro ás dedas é o nocello e ao tempo, no canto de realizar un nó na propia punteira, quedaba unha punta estendida lisa ou dentada da correa. No sueste, as solas dos mocasíns podíanse recubrir con resina da árbore como protección. Entre os muskogee, logo de morrer, os corpos queimábanse coa mellor parella de mocasíns do morto.
Os apaches empregaron ata mediados do século XVIII mocasíns con costura central e aínda os utilizan os navaghos para determinadas danzas rituais e os curandeiros dos kiowas e mais os osages para algunhas cerimonias. Estes mocasíns cosíanse con catro pares de buratos na parte dianteira e dous na traseira usando anacos de veas grosas. En diferentes cortes, a costura central localízase só na empeña ou un pouco por riba da sola.
Nas chairas do norte e do centro, así como na zona boscosa e na Meseta, moitas tribos usaban dende antigo mocasíns de costura lateral, cortados dunha peza de coiro suave e cunha costura lateral a percorrer a punteira e logo ía só dende o exterior ata o talón. Moitas veces tiñan un copete dunha soa peza aínda que tamén podía estar cosida ou estar totalente ausente. Poderían ser estes mocasíns de costura lateral os que, por influencia do calzado europeo, os que se converteron no modelo do macasín de sola dura; así e todo, estes mocasíns brandos de costura de verdade non deixaron de ter uso, os pés negros denominábanos niit-tsi-tsi-kiin (mocasíns de verdade) en oposición os máis novos, de dúas pezas e de sola dura, que se difundiron coa chegada dos cabalos.
Mocasíns de sola dura miniatura|Mocasíns apaches datados contra 1880 A partir das décadas de 1830 e 1840 os mocasíns de sola dura comezan a se espallar polas chairas, en especial no sur e particularmente entre os comanches aínda así non se xeneralizaron ata a década de 1850. Nas chairas do norte non apareceron ata as décadas de 1850 e 1860. As solas ríxidas facíanse de coiro cru máis groso e coa conservación da superficie frontal, que se orientaba cara ao interior do mocasín. As solas aínda eran bastante suaves e delgadas, arredor de 3 mm, ao se coser os mocasíns de dentro cara a fóra e logo darlle a volta. A forma das solas variaba segundo as diferentes tribos. En xeral, non era habitual mendar os mocasíns de sola branda desgastados pero os modocs e mais os pawnees si que lles cosían solas duras aos vellos de sola branda. Si era máis habitual nos mocasíns bordados reutilizar a parte superior co bordado tras estragarse a sola dura. No suroeste entre os pueblos, navaghos, apaches, paiutes, yumas, hualapai as solas eran moi grosas para se protexeren contra das espiñas dos cactos, as serpes e as pedras afiadas. Algúns mocasíns de sola dura teñen unha inserción estreita en forma de cuña na empeña, entre os apaches mescaleros é longa e estreita, entre os utes é máis curta e entre os osages a incisión queda aberta, sen lingüeta, mais na súa parte inferior hai buratos para un encaixe.
Mocasíns altos miniatura|mocasíns de muller dos arapaho do sur. Contra 1910 En moitas ocasións os mocasíns carecen de adobíos pero presentan lapelas no nocello que, de non estaren bordados, pódense levantar ou envolver e cando esta lapela está decorada sempre se levantaba, no que constituía a cana do mocasín que podía chegar ata o xeonllo. Ás veces as canas cosíanse ao calzado sen un corte por diante e estaban medio dobrados cara a fóra. Os mocasíns de costura central pregada cortábanse nunha soa peza coas canas. As canas altas ás veces alongábanse na parte dianteira e as canas moi altas atábanse con amallós longos.
Dende finais do século XIX existen exemplares pechados lateral ou frontalmente con cobre ou calquera outro tipo de botón. A correa frontal fíxase cun botón. Con canas estreitas correntes, púñase un botón e unha lazada situadas nas esquinas superiores. Nas canas cosidas, o botón e a botoeira de reberete tamén estaban nas súas esquinas. Nas canas máis altas os botóns estaban nas súas extensións, en xeral eran de dous a cinco aínda que se coñece entre os nez perce mocasíns cunha ringleira de once pezas. Unha variante rara é o fixador dun par de mocasíns cheyenne que presentan unha correa con abelorios cosida ao tecido redondeado que se eleva só na zona da costura do calcañar.